'Casamos!' achega este mércores a historia de amor dunha parella de Foz

Bárbara e Gonzalo. TVG

Bárbara e Gonzalo festexan unha nova voda para conmemorar os seus 17 anos xuntos

O espazo máis romántico da Televisión de Galicia, Casamos!, dará a coñecer, unha noite máis, unha historia de amor única. Nesta ocasión, os protagonistas son Bárbara e Gonzalo, unha parella que decide casar por segunda vez.

Ambos os dous levan xuntos case toda unha vida, pero isto non é impedimento para estar tan namorados coma nos comezos. Contan co segredo do amor verdadeiro: son grandes amigos e gústalles xoguetear coma o primeiro día.

Nos 17 anos de relación non foi todo un camiño de rosas: unha infidelidade case racha co seus plans de vida. Agora, superados os seus problemas e máis unidos ca nunca, van pasar de novo polo altar.

Casamos! viaxa esta semana ata Foz para asistir a unha voda divertida, emocionante e con moita troula.

 

O programa foi líder de audiencia en Galicia na súa franxa horaria, cun 13% de cota de pantalla e 120.000 espectadores

 

LÍDER. Este programa, que planta cara cada semana aos espacios das grandes cadeas nacionais, na semana anterior foi visto por 120.000 persoas, o que supuxo un 13% de cota de pantalla. Casamos! foi líder de audiencia ese día en Galicia na súa franxa horaria. O seguinte espazo máis visto foi Hechos reales, emitido por Telecinco, que foi seguido por 77.000 persoas, o que se traduciu nun 11,6 por cento de share.

As historias de amor máis románticas, divertidas e entrañables, da man de parellas de noivos que celebran a súa voda en Galicia, serán protagonistas unha semana máis na TVG co programa Casamos!.

Carmen e Carlos, a parella que protagonizará o espazo o vindeiro día 19, son a mostra de que a vida sempre regala unha segunda oportunidade amor.

Despois de dous matrimonios frustrados e cando ningún deles cría xa no amor como medio para acadar a felicidade, coñecéronse en Fuerteventura para non separarse xamais.

Malia que viven nas Canarias, volven a Boiro, terra da noiva, para casar rodeados de todos os seus seres queridos.

Os espectadores da Televisión de Galicia están convidados a unha voda enxebre, con papas e mojo picón, polbo e churrasco. E, por suposto, troula a fartar.

Casamos! é un docusoap que está producida por el Grupo Progreso e máis por Zenit para Televisión de Galicia e dirixida por Zaza Ceballos.