A Casa-Museo Manuel María repasa 25 anos de poesía galega co documental 'Vértice de versos'

A longametraxe centra a súa atención en catro poetas de éxito, como son Baldo Ramos, Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Gonzalo Hermo

Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei. EP
photo_camera Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei. EP

A Casa-Museo de Manuel María, no municipio lucense de Outeiro de Rei, programa este sábado, a partir das 19,00 horas, a proxección da longametraxe documental Vértice de Versos, que repasa os últimos 25 anos do universo poético en Galicia. 

Dirixido e producido por Carlos Lorenzo, este proxecto audiovisual presta atención a cuestións como a fortaleza da poesía nos últimos anos, as novas formas de expresión poética, o valor da lingua ou o papel da muller na poesía actual. 

Trátase da primeira vez que un documental se introduce na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están a ser as novas formas de expresión poética na actualidade. 

A longametraxe centra a súa atención en catro poetas de éxito, como son Baldo Ramos, Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Gonzalo Hermo, revisando as súas traxectorias, os seus procesos creativos e as súas obras. 

Comentarios