A Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei acolle un 'convivio' ao redor da cultura galega

A xornada de homenaxe levará o teatro e a música a Outeiro de Rei ►Untía, Treboda e Birloque Gaiteiros serán algúns dos grupos que tocarán no convivio

Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei. EP
photo_camera Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei. DP

A Casa Museo Manuel María da localidade lucense de Outeiro de Rei acollerá este sábado, día 14, unha xornada lúdica e festiva de convivencia centrada na cultura galega. 

Segundo informou a organización, a actividade, que se iniciará sobre as 11,30 horas, virará ao redor da figura de Manuel María e haberá música e celebración. 

En concreto, a partir das 13,00 horas, ao pé do río Miño, actuará a Banda Municipal de Rábade, Begonte, Outeiro 'Sons e Soños', dirixida por Armando Morais Blanco, para logo celebrar un xantar. 

Ás 16,30 horas, o grupo de teatro Pereira de Lobos presentará con monicreques 'Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo'; e ás 17,00 horas haberá unha festa con Untía, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de Pau ou Reviravolta, entre outros. 
 

Comentarios