Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Carlos Meixide gaña a primeira edición do Novela Camiño de Santiago con 'Camiños de paixón'

Carlos Meixide. AEP
Carlos Meixide. AEP

Recibíronse un total de quince propostas para o certame nas que o Camiño estaba presente de maneira notoria na narración

O xornalista e escritor Carlos Meixide gañou coa súa obra Camiños de paixón a primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago, segundo deuse a coñecer este luns no acto de entrega deste certame celebrado na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.

O galardón, convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e co patrocinio de Naturgy, está dotado con 6.000 euros e a novela gañadora será publicada por Editorial Galaxia, tanto en galego como en castelán.

Nesta ocasión recibíronse un total de quince propostas nas que o Camiño estaba presente de maneira notoria na narración, na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria.

O titular de Cultura e Turismo da Xunta, Román Rodríguez, trasladoulle as súas felicitacións ao gañador e destacou que con este premio "imos á procura da palabra literaria que orbita nas rutas a Compostela", e lembrou que "a literatura é unha ferramenta excelente para promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo".

O xurado deste premio estivo composto polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo; a responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da USC, Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán, e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro

Carlos Meixide gaña a primeira edición do Novela Camiño de Santiago...
Comentarios