Miércoles. 26.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 26.06.2019
El tiempo

Carlos Blanco recolle este venres o Pedigree 2019 no Festival de Cans

Carlos Blanco actor, humorista y monologuista. EP
Carlos Blanco actor, humorista y monologuista. EP

O actor vilagarcián será protagonista da Noite das Homenaxes

O Festival de Cans, trampolín para os creadores do audiovisual galego, celebra este venres a Noite das Homenaxes, durante a cal o actor Carlos Blanco colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree19, máximo galardón do evento, que este ano cumpre a súa décimo sexta edición.

O Torreiro das estrelas é un espazo situado no patio da igrexa de Cans, centro das maiores celebracións do festival, e onde se colocan as estrelas aos homenaxeados, entre os que se contan visitantes ilustres como os cineastas Fernando León, Isabel Coixet ou José Luis Cuerda, entre outros.

O actor vilagarcián Carlos Blanco, que o ano pasado interpretou a Laureano Oubiña na serie Fariña, colocará este venres a súa estrela antes de recibir o Premio Pedigree'19 en recoñecemento a unha traxectoria de case tres décadas e ao seu apoio aos novos cineastas.

Ademais do Premio Pedigree, repartiranse tamén os premios Chimpín de Prata Pepe Puime e o premio Chimpín de Prata Divina Campos, co que se honra á xornalista e veciña de Cans Pilar Comesaña, xa falecida, que axudou a dar a coñecer o festival nos medios de comunicación.

Tras a entrega de premios volverá o cinema coa estrea de Quince primaveras, obra da realizadora Isaura Docampo, un making of da edición anterior do festival.

The Legendary Tigerman poñerá o peche á xornada cun único concerto en Galicia da xira de presentación do seu álbum Misfit, e unhas horas antes actúa Marlango, o grupo liderado pola actriz Leonor  Watling e o músico Alejandro Pelayo.

Carlos Blanco recolle este venres o Pedigree 2019 no Festival de Cans
Comentarios