Bruselas recibe lo mejor del Festival de Cans

O Festival de Cans volve este xoves a Bruxelas, ao cine Vêndome, como parte do Ano Europeo de Creatividade e Innovación 2009 da Unión Europea. As curtametraxes que se poderán ver dan unha boa idea da calidade e diversidade do panorama cinematográfico galego actual: o máis innovador do cine fantástico, a comedia, o musical, o drama e o cine de animación comparten programa xunto coas curtametraxes galegas máis inclasificables e descaradas.

No Festival de Cans proxéctanse curtametraxes galegas, pero Cans é moito máis ca un festival de curtas.  Cada maio, ao mesmo tempo que o Festival de Cannes reúne na Costa Azul ao máis glamouroso da cinematografía mundial, as mellores curtametraxes galegas proxéctanse nos alpendres da aldea galega de Cans (450 veciños).

O festival, que xa cumpriu 6 anos, está organizado pola Asociación Cultural Arela, integrada por xente nova do Porriño e Mos, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato.

A viaxe a Bruxelas
En colaboración con Arela, a asociación Couto Mixto, formada por galegos en Bruxelas, quixo achegar este festival á capital europea, como parte do seu programa de difusión da realidade cultural galega no exterior. Cinema Vendome Chausee de Wavre 18 Waversteenweg 1050 Bruxelles forma parte do Ano Europeo da Creatividade e Innovacion 2009 da Union Europea. A cita conterá os filmes e videos premiados na edicion de 2009 do Festival, (Uruguay 2030, The Werepig, X nada e O pintor de Ceos).

O Couto Mixto Bruxelas ASBL é unha asociacion cultural galega sen ánimo de lucro formada por profesionais galegos residentes en Bruxelas. Nos seus tres anos de andaina ten celebrado uns vinte actos de difusión cultural galega en Bruxelas co obxectivo de achegar a nosa realidade non só a Bélxica, senón tamén aos profesionais da comunidade internacional establecidos na cidade, pois estes teñen un grande potencial multiplicador e prestixiador do coñecemento da realidade galega nas súas respectivas institucións e paises de procedencia. O Couto Mixto Bruxelas é unha asociacion independente que financia o esencial das suas actividades coas contribucions dos seus socios.

Comentarios