'Bojiganga' abre o Camiño Norte o domingo en Ribadeo

O programa Camiño Escena Norte levará espectáculos de todo o norte de España a Mondoñedo este mes e a Lugo e Vilalba, o vindeiro
'Bojiganga'. TEATRO DEL CUERVO
photo_camera 'Bojiganga'. TEATRO DEL CUERVO

A primeira función do proxecto de intercambio teatral Camiño Escena Norte farase este domingo en Ribadeo. Teatro del Cuervo representará Bojiganga ás 22.00 horas no auditorio Hernán Naval. Bojiganga era un formato de grupo integrado por cómicos da legua nos séculos XVI e XVII. A compañía asturiana trata de recuperar ese espírito a través dunha obra que comeza na Biblioteca Nacional, onde fan un percorrido polos clásicos do Século de Ouro español.

Antes, ás 18.30 horas, a compañía impartirá un obradoiro.

Compañía e obra repiten o sábado día 28 en Mondoñedo, na praza da Catedral ás 20.00 horas. Despois haberá un debate.

Lugo será o escenario o día 3 do mes que vén con Como ceniza blanca sobre una hoguera, que montará a asturiana La Tejedora de Sueños no auditorio Gustavo Freire ás 20.00 horas. Ao rematar farase un coloquio.

O día 5 serán os vascos Teatro Gorakada quen participen no programa coa obra familiar El viaje de Ulises no Carmen Estévez de Vilalba ás 18.30 horas. Dúas horas despois haberá un obradoiro.

La novia del viento de Ábrego Producciones estará o día 6 de outubro ás 20.00 horas na Capela da Madalena de Arzúa.

O día 12 o mosteiro de Sobrado dos Monxes acollerá a Espacio Espiral con Beatus, visiones del Apocalipsis. La Tejedora volve actuar o 11 en Santiago, onde tamén estarán os vascos Hika Teatroa con Sagartu o día 13.

O programa foi dado a coñecer onte en Lugo polo seu coordenador Diego Meizoso, de Escena Galega, e por Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo. O proxecto consiste nun intercambio de compañías de comunidades pertencentes ao norte de España.

Comentarios