jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

A banda bosnia Dubioza Kolektiv presume de 'licor café' desde o confinamento

Captura do vídeo de Dubioza. YOUTUBE
Captura do vídeo de Dubioza. YOUTUBE
O grupo subiu ao seu canal de Youtube unha versión do popular éxito de Lamatumbá

Dubioza Kolektiv non se olvida de Galicia nin en plena pandemia mundial. A banda orixinaria de Bosnia e Hercegovina, habitual da escena festivaleira galega e moi querida polo público da comunidade, está a seguir a estela doutros artistas e aproveita os días de confinamento para crear novo contido e ofrecelo aos seus seguidores. 

O grupo lanzou a través da súa canle de Youtube o Dubioza Kolektiv Quarantine Show, cunha selección de versións feitas desde a casa de cancións do seu repertorio. E a banda bosnia decidiu que non podía faltar o clásico de Lamatumbá Licor do negro café. 

Dubioza, que presenta unha fusión estilos como o ska e o hip hop cun marcado acento balcánico, adoita a deleitar ao público galego con algún tema nacional, como o mencionado Licor café, que desta volta foi emitido dentro do seu espectáculo da corentena. 

A banda bosnia Dubioza Kolektiv presume de 'licor café' desde o...
Comentarios