martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Bala: "Mesmo en sitios devastados xorde a vida, as malas herbas"

Ánxela Baltar e Violeta Mosquera. LEO LÓPEZ
Ánxela Baltar e Violeta Mosquera. LEO LÓPEZ

Violeta Mosquera, batería lucense do dúo galego de punk rock, alégrase de volver á estrada para presentar os temas do disco 'Maleza'

O coche de Bala tivo un ano tranquilo. Estaba afeito a quilometraxes desmesuradas baixo a mesma lúa por estradas secundarias de todo o mapa europeo, pero a pandemia mantívoo parado no garaxe durante un ano. "Antes estabamos sempre na estrada porque somos un grupo de directo. Tiñamos unha xira por Estados Unidos que quedou cancelada", comenta Violeta Mosquera (Lugo, 1988). 

"Empeza a haber algunha cousiña. Estivemos tocando en Portugal e no País Vasco e temos outra vez Portugal, Oviedo, Vigo... festivais". O vindiero día 5 de agosto actuarán no Festival Terra-Ceo de Vigo

Violeta Mosquera toca a batería no dúo galego Bala xunto Ánxela Baltar, que é guitarrista. O seu abano de son parte do punk rock e avanza polo grunge cara ao metal intenso. 

A finais de 2019 tiñan preparado o seu novo disco, Maleza. O covid deixouno conxelado ata o ano pasado e agora, cunha pausa de ano e medio, van interpretalo en salas de conciertos. Dese xeito reencontraranse coa esencia de Bala: tocar ante o público. "Estivemos un ano sen traballar, esperando", remarca Violeta. 

O álbum está ilustrado na portada por unha fotografía da caveira dunha boca dentada de tiburón aberta. No centro da mandíbula ten chantado un garabullo que lle impide pechala. 

"Esa imaxe ten relación coa idea de maleza. Chamamos así o disco porque queriamos contar que, mesmo nos sitios devastados polo lume, xorde a vida, as malas herbas. Gústannos as malas herbas", sinala a batería. 

Colleron ese concepto para levarllo a Leo Souza. "Contámoslle a nosa versión da resistencia do vexetal e el propuxo a imaxe do tiburón, dunha mandíbula poderosa que non pode contra un pao". 

A letra da canción, Unha selva repite "no todo está perdido". Parece falar do covid 19, pero é unha canción anterior. "Parece que ten que ver", dice Violeta. 

O coche é importante para Bala como vehículo laboral, pero tamén como símbolo da posibilidade de escapar en calquera momento. Fixeron un vídeo sobre a canción Hoy no na que Violeta e Ánxela fuxen nun Mercedes color champán. "Queríamos facer algo de road movie, tipo Thelma e Louise. Fomos a un encoro chulo, cerca da casa de Ánxela, que vive en Oleiros. Aproveitamos que está pouco transitado". 

Outra canción, Bessie, está decicada a unha motorista que ignorou que estaba mal visto que unha muller afroamericana conducise unha moto. "Colleu a súa Harley e recorreu USA". 

Ambas están determinadas a seguir como dúo. "A fórmula está pechada. O mellor é a disponibilidade. Unha batería e un amplificador entran nun coche".

"O selo escolleu un single en galego"
Portada de 'Maleza'. EPO disco Maleza foi publicado polo selo alemán Century Media Records, que lles designou un xefe de produto, que é a persoa que orienta ás bandas para o lanzamento dos álbumes. "Cando tivemos a primeira xuntanza con el sorpredeunos que nos propuxese como single de lanzamento Rituais, un tema en galego. Supoño que para eles soa igual que en español, pero nos fixo ilusión". 

Entre Pontevedra e Oleiros 
Ánxela Baltar vive en Oleiros e Violeta Mosquera reside en Pontevedra, onde dá clases de música, pero sigue vinculada a Lugo a través do grupo Moloch. Ela toca a batería; Laura García, o baixo, e Andrés Martínez, o piano. Partiron dun gusto común polos poemas de Jorge Cuña Casasbellas. Fixeron un disco de música experimental e lanzarán o segundo para 2022. 

Faul, punk en inglés 
A maiores, Violeta e Laura comparten o grupo Faul, aínda que Mosquera toca o baixo nesa formación. O seu repertorio é de punk interpretado en inglés, alemán e español.

Bala: "Mesmo en sitios devastados xorde a vida, as malas herbas"
Comentarios