La agenda cultural del fin de semana

A AXENDA 

CONCERTOS


VIGO


> The KVB
Proxecto do músico británico Klaus von Barrel. O domingo ás 22.30 h. en La Fábrica de Chocolate.


A CORUÑA / PONTEVEDRA


> Supersweet

Trío donostiarra que interpreta a primeira ópera rock creada por The Who, Tommy. Hoxe ás 22.30 h. na sala Mardi Gras. Mañá ás 22.00 h. na sala Karma.

VIGO


> Los Lentos

Cuarteto de blues procedente do Val Miñor. Mañá ás 23.00 h. na sala El Contrabajo.

SANTIAGO


> Aló Django

Proxecto galego que se inspira no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos. Hoxe ás 23.00 h. na sala Capitol.


OURENSE / A CORUÑA


> Letz Zep
Banda homenaxe a un dos grupos máis míticos da historia do rock: Led Zeppelin. Hoxe ás 22.30 h. na sala Berlín. Mañá ás 23.45 h. no Playa Club.

PONTEVEDRA


> Cantos na Maré 2013

Nesta ocasión uniranse nunha banda Chico César, Ruí Veloso, Cheny Wa Gune e Sés. Mañá ás 21.00 h. no Pazo da Cultura.


A CORUÑA


> Ulrica
Trío coruñés de pop acústico. Mañá ás 22.00 h. na sala Le Club Directo.

LUGO / O PORRIÑO / BUEU


> Los Ángeles
Actuación desta banda clásica do pop español nada na década dos 60 en Granada. Hoxe ás 23.30 h. no Clavicémbalo. Mañá ás 23.30 h. no Bar Liceum. O domingo na sala Aturuxo ás 20.00 h.


VIGO


> Patricia Moon
Mestura de sons que van do soul e o grunge ao rock máis clásico e de estilo garage. Mañá ás 21.00 h. no Auditorio do Concello.

FERROL


> María do Ceo

A cantante presentará o disco Fado com outro acento. Mañá ás 20.30 h. no Teatro Jofre.

A CORUÑA


> Eden + Arkgabrie
A banda de metal interpretará temas do seu último traballo, Quattro. Mañá ás 22.30 h. na sala Mardi Gras.

NARÓN


> Berrogüetto

Concerto en formato acústico dentro da Xira de andar por casa. Mañá ás 20.00 h. no Pazo da Cultura.

VIGO


> Orquestra Vigo 430
Concerto enmarcado no Programa Sinfónico de Primavera e que contará coa actuación como solista do violinista venezolano Alexis Cárdenas. O domingo ás 20.00 h. no Auditorio Martin Códax.

LUGO


> Motores + Zootropa + Raze
Noite de metal e rock alternativo a cargo destas tres bandas. Mañá ás 23.00 h. no Clavicémbalo.


PONTEVEDRA


> Despedida do villancico
Concerto organizado polo Museo de Pontevedra que terá lugar hoxe ás 21.00 h. na Igrexa de

San Bartolomeu.

FERROL


> Emanems R’n’R’ Soul Band

Concerto gratuíto desta banda procedente de Fene. Hoxe ás 22.30 h. na sala Super 8.


TEATRO E DANZA



SANTIAGO


> Implícate
Espectáculo solidario no que se dan cita artistas da música, o teatro, a danza e a literatura. Durante o festival amosaranse fragmentos do documental Cambia de papel, dirixido por Luis Tosar. O domingo ás 20.30 h. no Teatro Principal.


NARÓN / VIGO


> Mikipedia
O humorista Miki Nadal crea unha nova enciclopedia virtual máis próxima. Hoxe ás 20.30 h. no Pazo da Cultura e mañá ás 20.30 h. no Teatro-Cine Salesianos.


SANTIAGO / PONTEVEDRA


> Dani Mateo
O televisivo humorista presenta o seu espectáculo PK2.0 Que Dios nos pille confesados, unha revisión actualizada dos sete pecados capitais. Sábado ás 21.00 h. no Auditorio de Galicia. Domingo ás 18.00 h. no C.S. Novacaixagalicia.


SANTIAGO


> Linda and Freddy, ilusionistas
Unha comedia poscrise, que aposta por unha saída con imaxinación. Hoxe e mañá ás 20.30 h. e domingo ás 18.30 h. no Salón Teatro.


A CORUÑA


> Carlos Blanco ao vivo

O actor recupera os seus mellores monólogos e repasa tamén algúns temas de actualidade. Hoxe ás 20.30 h. e ás 22.30 h. e mañá ás 20.30 h. e ás 22.30 h. no Teatro Colón.

A CORUÑA


> Tío Vania

L’Om Imprebís versiona a comedia máis fermosa e conmovedora de Anton Chéjov, sobre amores cruzados e desexos non correspondidos. Hoxe e mañá ás 20.30 h. no Teatro Rosalía de Castro.


FERROL


> Alicia en el país de las maravillas
Musical infantil baseado no clásico de Lewis Carroll sobre Alicia e a súa viaxe co Coello Branco ao país da Raíña de Corazóns. Domingo ás 18.00 h. no Teatro Jofre.


FESTAS E OUTROS



FERROL


> XXX Carreira Popular de San Xiao
Tradicional carreira popular polo patrón ferrolán, cun percorrido de 10 quilómetros pola cidade. Domingo a partir das 11.00 h. desde o pavillón polideportivo de Esteiro.


VIGO


> Correndo por Vigo
Carreira popular de 10 quilómetros que contará coa presenza do ex corredor olímpico Martín Fiz. Domingo a partir das 11.00 h. no barrio do Calvario.


SANTIAGO


> Joventut-Obradoiro

Partido vital para que o equipo compostelán poida acceder á Copa do Rei, polo que a súa afección reunirase para apoialo. Domingo ás 12.40 h. na Sala Capitol.


SANTIAGO


> Doces solidarios
Iniciativa solidaria na que se venderán doces a prol do neno malagueño Abraham Presa Alba, que sofre adrenoleucodistrofia e necesita un transplante. Pódese contribuír tamén con doces para vender. Sábado no C.C. As Cancelas.


SOBER


> San Amaro
Festas na honra de San Amaro, con actividades lúdicas e relixiosas. Sábado a partir das 12.00 h. na parroquia de Proendos.


GALICIA


> Patinaxe sobre xeo

As principais cidades galegas manteñen abertas as pistas de xeo para patinar que instalaron co gallo das pasadas festas de Nadal.


PONTEVEDRA


> Rastrillo de antigüidades e cousas curiosas
Lugar onde se poderán atopar todo tipo de obxectos antigos e curiosos e para coleccionistas. Domingo de 10.00 a 14.00 h. na praza da Verdura. .

Comentarios