Nueve autores gallegos dan sus razones para leer

Manuel Darriba. EP
photo_camera Manuel Darriba. EP

Santiago LopoSantiago Lopo. "A vida pasa moi rápido, por iso cómpre espremermos a nosa existencia ao máximo", asegura o último gañador do Premio Xerais pola súa novela A arte de trobar, que conta tamén con títulos publicados como A Diagonal dos Tolos, Hora zulú, Peaxes ou Game Over. Lopo (Vigo, 1974) considera que "a literatura permítenos vivir en primeira persoa experiencias que doutra maneira serían imposibles". Así, para o tamén pro fesor e tradutor, "ao lermos entramos nun universo descoñecido, exploramos mundos ignotos, rimos, sufrimos, choramos, gozamos, imaxinamos o pasado, o presente ou o futuro, encarnámonos nos personaxes que se agochan nas follas das obras...". É nese punto onde Santiago Lopo ve, á marxe do seu oficio de escritor, "a maxia da lectura, que nos agasalla cunha vida nova cada vez que repetimos o sinxelo xesto de abrir un libro". 

Miriam FerradánsMiriam Ferradáns. Para a poetisa Miriam Ferradáns (Bueu, 1982), as diferentes razóns que existen para ler pasan por facelo por "pracer, pola ansia de coñecer". Así, a autora de poemarios como Nomes de fume (co que se fixo co Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Pallaré na edición de 2016) e ‘Deshabitar unha casa’ (publicación coa que foi galardoada co Premio Francisco Añón no mesmo ano) considera que hai que "ler para entender, para atopar un lugar no mundo ou o mundo mesmo. Ler para sentir que estamos vivas e folleando, para asumir os cortes das páxinas nos dedos, para zugar o zume das palabras que a xenerosidade de outras deixou pendendo dun lombo". Nesa liña, Miriam Ferradáns opta por "ler para medrar, para pasar o tempo, para elevar uns graos a temperatura do sangue". En resumo, ten claro que é importante "ler para ser". 

Diego AmeixeirasDiego Ameixeiras. O autor ourensán (aínda que nacido en Lausana, Suíza, en 1976), que publicou hai uns días o seu último libro, A crueldade de abril, asegura que "a lectura é un refuxio, un lugar ao que acudimos para baixar o volume do mundo e atoparnos con nós mesmos. En cada libro se abre unha promesa". O gañador de galardóns como o Xerais ou o Losada Diéguez de creación literaria explica que "lemos para entreternos, para buscar respostas, para viaxar lonxe. Porque necesitamos explicacións e porque nunca está todo dito". Nese sentido, o xornalista e escritor considera que "en tempos de dispersión e ruído, sometidos á ditadura da inmediatez, a supervivencia do libro e da lectura repousada, sen interferencias, debería ser unha cuestión de saúde pública". Chegando así a converter a lectura "nun acto orgánico, como comer ou respirar". En definitiva, unha necesidade de todas as persoas. 

Tamara AndrésTamara Andrés. "Cheguei á lectura canda nena e lembro daquela gargalladas e descubertas: nos comezos, ler para xogar", conta a poetisa Tamara andrés (Poio, 1992). Máis adiante, na época da adolescencia, a autora poiense precisa que "recoñecerse foi o motivo salientable: ler para espellarse, para aprender a agarimar a diferenza, para bosquexar o propio ser". E, xa nos últimos anos, a autora dos poemarios Amentalista,  Nenæspiraes e Corpo de antiochia  é consciente de que a lectura lle proporcionou "unha visión alén do tanxible, do cotiá, ofreceume acceder a outros universos e a oportunidade de habitalos". así, a través dos libros, Tamara Andrés asegura que aprendeu "a escolmar e a mastigar, a apreixar elementos descoñecidos ou desviados e a incorporalos na edificación dun mundo propio: ler (tamén escoitar) para artellar, en definitiva, unha proposta vital". 

Antón LopoAntón Lopo. O escritor, periodista e editor Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) analiza a lectura como un proceso no que se produce un curioso fenónemo. "Na lectura -explica o autor monfortino-, hai un encontro entre o lector e a escrita que nos permite observarnos desde fóra, como se viramos a Terra por un telescopio e nós fósemos o ollo que mira e o planeta contemplado". O recente gañador do VI Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía polo seu poemario Corpo’ vai máis alá: "Ese fenómeno -apunta- fai de nós unha historia transitoria pero transmisible. Parece que o noso cerebro, ademais, agradece o exercicio: mentres lemos multiplícanse as conexións neuronais",  conclúe o autor de poemarios como  Sucios e desexados ou Á sombra dos rapaces mexando; novelas como As reliquias ou Obediencia e a obra de teatro Os homes só contan ata tres, entre outros títulos.

Eli RíosEli Ríos. Se a escritora, nacida en Londres en 1976, ten algo claro é que "ler te converte nunha persoa aventureira". Mais non só iso, a autora, que gañou o pasado ano o premio Torrente Ballester de novela por Luns e o Gonzalo López Abente de poesía por Culpable, considera que coa lectura tamén nos convertemos "nunha persoa crítica, nunha persoa que non ten medo a un futuro descoñecido no que hai aventuras". Na súa experiencia persoal, vai máis alá e considera que somerxerse na lectura dun bo libro lle achega "a posibilidade de coñecer outras realidades, de coñecer como senten outras persoas". así, a escritora afincada na Coruña, que firma tamén títulos como Café intenso, Anamnese, Diario de fotogramas,  Marta e a píntega ou Bicha, non dubida que ler é "a mellor forma de viaxar de balde, sen gastar nin un só euro" nesas escapadas da realidade que nos rodea.

Nacho CarreteroNacho Carretero. "En mi caso, leer me ha supuesto todo". así de contundente se muestra el periodista y autor del libro Fariña, Nacho Carretero (A Coruña, 1981). "Profesionalmente me dedico a contar historias y una de las bases o factores clave para hacerlo es leer mucho. Sin la lectura yo no hubiera podido dedicarme a esto -explica-. Casi todo lo que he aprendido de lo que hago profesionalmente ha sido leyendo". Al margen de su oficio, la lectura le ha regalado "muchísimas horas de disfrute y de distracción". Ávido lector desde pequeño ("recuerdo los libros de Barco de Vapor, un clásico de mi generación"), leer era su forma de evadirse y de dejarse llevar por la imaginación. "Por las ganas que siempre he sentido de contar historias y de escribir, que me fascinó desde pequeño, lo que me ha dado la lectura es mucho impulso, muchas ganas de seguir conociendo, de imitar, de disfrutar con quien lo hace tan bien, para algún día poder escribir yo". 

Manuel DarribaManuel Darriba. Iniciouse na lectura de ben pequeno cos libros de 'Los Cinco’ ou ‘Los tres investigadores’ e nas letras galegas cos contos de Ánxel fole. En galego ou en castelán, o que ten claro Manuel Darriba (Sarria, 1973) é que, "como todos os escritores", antes que escritor é lector. "Non sei se os escritores temos máis razóns que o resto da humanidade para defender a lectura ou si lemos dunha maneira máis intensa. Quizais chega un momento en que si les motivado dalgunha forma polo teu oficio, pero, á marxe diso -precisa o autor de Elefante-, o que nos achega a lectura é o mesmo que lle achegaría a outra persoa, que basicamente é abrirse a outras mentes e a outras maneiras de ver o mundo, a outras paisaxes, a outras culturas, a todas as emocións da condición humana, a todos os sentimentos posibles, é dicir, todo o universo de experiencias dunha vida humana están recollidos nos libros. Ler é abrirse a todo o conxunto da experiencia humana, é acceder a todas as vidas que ti non vivirás". 

Juan TallónJuan Tallón. El periodista y escritor Juan Tallón (Ourense, 1975), que acaba de publicar Salvaje oeste, tiene recuerdos "difusos" de sus inicios en la lectura. "Tendría que remontarme a los primeros cuentos que me leían mis padres. Después leía libros de Disney: del Tío Gilito, del Pato Donald... Y cómics de Tintín o de astérix. Tengo una memoria muy borrosa, pero puedo citar estos libros porque están en casa", precisa. Las aventuras de ‘Los Hollister’ o ‘Los Cinco’ fueron sus primeros textos sin ilustraciones, antes de adentrarse en  "novelas o libros e poesía ya un poco más sofisticados". Lo que tiene claro Tallón es que, una vez que empezó a leer, ya no pudo parar. "Yo leo como una forma de estar en el mundo, de ocupar mi espacio. Si yo no pudiese leer no sabría cómo gestionar un tiempo de mi vida -afirma-. La lectura es un enriquecimiento, un combustible para vivir. realmente, lo que habría que preguntarme es por qué no leo más. Es algo tan natural que casi es instintivo". 

Comentarios