A Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolle a Ernesto Chao como o seu novo presidente

O actor foi un dos fundadores en 1985 da AAAG e sucede a Vicente Mohedano na presidencia
Ernesto Chao
photo_camera Ernesto Chao

Ernesto Chao é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Así o decidiu a asemblea da entidade, celebrada este domingo en Santiago. Pola súa banda, Mabel Rivera repite como vicepresidenta da entidade e Iria Sobrado mantense na secretaría. A Xunta Directiva complétase con Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Diego Freire, Santi Romay, Machi Salgado, Martín Máez, Toni Salgado, Xavier Estévez, Marta Lado e Lucía Sá como vogais.

Ernesto Chao, un dos fundadores que en 1985 puxeron en marcha a AAAG, sucede deste xeito a Vicente Mohedano na presidencia dunha asociación que abre esta nova etapa encabezada por un grupo directivo que mestura caras novas e membros da xunta saínte. 

Dende a súa creación, a asociación estableceuse como unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando actores, actrices, directores e directoras de Galicia.

Comentarios