Nove artistas van máis alá da moda industrial na sala Solaina de Lugo

O polense Sergio Marey presenta unha instalación sobre o futuro da lingua galega

Asistentes á mostra 'Disidencias téxtis' /VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Asistentes á mostra 'Disidencias téxtis' /VICTORIA RODRÍGUEZ

Sergio Marey paseaba pola galería Solaina de Lugo cun vestido de color azul Yves Klein, o neodadaísta francés. Levaba unha banda armada cunha tea branca con manchas de sangue

O dramatismo tiña continuidade nunha habitación do soto da sala onde se vía roupa ensaguentada deitada no chan. A unha banda hai un espello no que se ve a silueta do Demo que ten enfronte un manequín cun vestido vermello adornado por unha banda azul. A instalación do artista de Pol (1997) chámase Decreto 79/2010 e trata sobre a situación do galego; dramática, pero que "pode resistir".

A peza de Marey forma parte de Disidencias textís, unha exposición na que nove artistas de diversas procendencias, que reinvindican, ata o 5 de xuño, "a moda como a novena arte". Un segundo discurso é que "Galicia non é soamente Inditex, somos arte e cultura e contamos con artistas que demostran como, a través do tecido, se poden crear pezas esculturais".


A rapaza de Quiroga Clandestino presenta uns zapatos grandes decorados coa infuencia da tatuaxe


A tensión dramática está presente tamén na obra que amosa o brasileiro Acoida Marrero, onde ser ve "a brutalidade das motos". Maríagarlic, é de orixe xitana e ten influencia árabe e manchega, comparece cunha suadeira queimada "como fai o sol cos labregos". Noumage repensa "xastrería tradicional".

A rapaza de Quiroga Clandestino presenta uns zapatos grandes decorados coa infuencia da tatuaxe. Sergio Vidal é o máis clásico cos seus vestidos románticos. PreNudity ten na mostra un vestido de noiva feito en látex e un traxe de aire sideral. Nutria Lóe López busca incomodar ao escpectador co súa arte. Jhamiluv son dúas rapaces das que se ven colares e pendentes, xoias creadas cun espírito alternativo.