Ánxela Gracián: "A miña xograresa Mendiña non se supedita ao principe azul"

A autora falou en Lugo do seu debut na escrita teatral, ‘Donas de nós’
Mario Outeiro, Ánxela Gracián e Belén Rodríguez. SEBAS SENANDE
photo_camera Mario Outeiro, Ánxela Gracián e Belén Rodríguez. SEBAS SENANDE

Ánxela Gracián xogaba arredor do castelo de Castroverde cando era nena. Naceu en San Paio de Arcos, a uns quilómetros.  Despois, sendo xa filóloga, tradutora e escritora, andou manexando documentación sobre esa fortaleza, "pero non cheguei a escribir ela". Ou iso lle parecía. "O certo é que podería ter escrito un texto nun ambiente moderno e é medieval".

Gracián (1968) debutou no xénero teatral con Donas de nós, unha obra galardoada co X Premio Meiga Moira, Baía Edicións convocou este ano. A autora falou este mércores na librería Trama, de Lugo, sobre esta peza. Está protagonizada por unha xograresa, Mendiña, á que un príncipe lle pide matrimonio, rexeitando, ao tempo, a unha rica princesa provenzal.

"Donas de nós é o resultado dunha reflexión que parte dunha  proposta de imaxinación feminista que fixo a profesora Camiño Noia" ao confesar "a súa intuición de que Mendiño era unha muller, o que era un xogo para falar sobre o papel da muller nese tempo".

Un segundo elemento son "os contos de fadas e o modelo feminino que propoñen Disney e o cinema comercial" que determinan que "hai princesas, nenas, e piratas, nenos", como consecuencia,  ambos xéneros "teñen os seus papeis subvertidos". Engade que "eran tan perfectas que, en realidade, resultaban artificiais, ou irreais, incluso, se as xulgamos á luz dos modelos naturais, porque as virtudes das mulleres boas destes relatos se opoñían ás das outras, que se consideraban bruxas, for disfrazadas de medias irmás ou madastras, sempre pérfidas e malvadas". Como consecuencia, Mendiña "é unha heroína feminina que se permite o luxo de ser ela mesma,negándose a vivir supeditada a un home, por moito que sexa un perfecto príncipe azul".

A propia Ánxela Gracián cambia a identidade habitual de Morgana, "que representa a sororidade nesta obra, fronte ao seu papel coas princesas matroniables da materia de Bretaña" porque "Morgana é unha bruxa boa que axuda á protagonista" con axuda do Mago Merlín.

Comentarios