Antonio Tizón: "El libro es una mezcla de amor, locura y muerte, autobiográfica y en tono de novela negra"

En 'A antesala luminosa', Tizón da vida ao inspector Sánchez, un policía alcolizado e corrupto, e a Gustavo Gallego, o alter ego do escritor, con trastorno bipolar. Xuntos conforman esta novela composta por dúas narracións con estilos e tempos moi diferentes que se presenta este xoves na librería Trama, en Lugo.
Antonio Tizón.
photo_camera Antonio Tizón.

XORNALISTA E alonxado, por saúde, do seu traballo, Antonio Tizón xa ten ás súas costas un libro de relatos e dous poemarios e, mañá, presenta na libraría Trama a súa primeira novela, ‘A antesala luminosa’ (Xerais). Un libro con tintes de novela negra e cunha mistura moi interesante de temas e personaxes no que o tema principal é o trastorno da bipolaridade que o mesmo autor sufre. Unha narración onde saca o lado máis sinceiro e real da loucura. Esta novela componse de dúas medias novelas moi relacionadas, unha contada polo inspector Sánchez e outra escrita por Gustavo Gallego. Costoulle meterse na pel de dúas persoas tan diferentes?

É unha mistura de amor, loucura e morte contada de forma autobiográfica en tono de novela negra, por eso eu a chamo ‘novela mulata’. Solo tiven que inventar ao inspector, porque Gustavo Gallego son eu, conta a miña experiencia co trastorno bipolar, desde a euforia á depresión, os tratamentos... todo de maneira sinceIra e honesta. Para o inspector busquei o prototipo de policía de novela negra. Non ten moito de min; sen embargo, eu creo que o que escribo sempre ten algo de min.

Por que novela negra?

"Gustavo Gallego son eu, conta a miña experiencia co trastorno bipolar, desde a euforia á depresión, os tratamentos"

Eu son lector empedernido de novela negra, polo que a técnica a controlo bastante e non me resultou moi difícil. Elexina porque é un caixón de sastre no que entran moitos temas. Era unha forma entretida de falar sobre loucura. Busco entreter, conmover e facer reflexionar.

A prostitución é un tema recorrido no xénero e non podía faltar na súa novela.

É moi recorrida, sí, pero a min interesábame máis por Gustavo, que vai aos prostíbulos pola súa enfermidade; están ligados á loucura. Algún crítico dixo que non se trataba de forma politicamente correcta, pero o fago dende o punto de vista dun trastorno maníaco.

Empezou a escribir a novela en 1998 e acabouna en 2004. Por que tanto tempo?

Esta novela en realidade empezou sendo unha novela de estrada que non estaba plantexada como o que é agora. Despois tiven a idea de publicar unha serie de novelas negras porque quería describir a sociedade do século XX, tocada pola corrupción e a impunidade. Desta primeira novela tirei todo e volvin a empezar pero deixei certas partes como a de Gustavo Gallego. Aínda que empecei no 1998 houbo unha reconversión e mandeina á editorial no 2010.

Por que decidiu publicala despois de tanto tempo?

"A novela negra era unha forma entretida de falar sobre a loucura. Eu busco entreter, conmover e facer reflexionar ao lector"

A mellor maneira de desembarazarse de algo escrito, é publicándoo. Non tiña moita esperanza de que ma publicaran e quedeime moi sorprendido cando Xerais dixo que si. Eu padezo bipolaridade e no 2010 déronme unha incapacidade polo que tiña máis tempo.

A novela é a primeira dunha saga, pode contar algo da segunda?

Sí. Titularase ‘Os Incurábeis’ e transcorre entre 2001 e 2004. O 11-S e o desencadeante da trama na Coruña.É máis negra e máis dura e pode que sexa moi polémica polo tratamento que fago da enfermidade mental.

Estará esta loucura presenta nas catro novelas?

Na segunda e na cuarta sí, pero na terceira, non. Despois cambiarei de xénero pero ese tema virá comigo sempre. Forma parte da miña vida.

Comentarios