jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Antonio Casado: ''Agora queremos centrarnos en Galicia, en setembro saimos por vez primeira a Europa''

Antonio Casado (Ourense, 1977) é o guitarrista de The Cornelius, que están a presentar Walking in Circles, o seu novo disco.


P Walking in Circles é un traballo autoeditado. ¿Supón isto unha maior liberdade creativa?

R Contamos con menos medios e pasta da que antes dipoñiamos, pero por outro lado estamos valorando moito todo o noso traballo e gozamos con iso.

P ¿Como foi o proceso de gravación?
R Ao contar con menos orzamento, volvemos traballar en Galicia, xa que para o anterior disco movémonos a un estudio nos EE UU. Non é algo que nos plantexáramos como un plan B: queriamos facer un traballo totalmente prodicido e dirixido por nós. A produción artística está compartida por The Cornelius e polo noso amigo Iago Lorenzo, con quen tiñamos moitas ganas de traballar. Gravamos as baterías en Planta Sónica, en Vigo, e o demais en Nakra Estudios, en Culleredo, volcados e con todo o tempo do mundo.

P Supoño que a experiencia do voso percorrido tamén vos fixo afrontar o proxecto doutro xeito.
R Si, e de poder plasmar todos os coñecementos adquiridos durante estes últimos anos, despois de traballar con tanta xente e tamén queriamos contar con xente de primeiro nivel na medida do posible así que contamos con Adrian Hall, un técnico de son británico  que traballou con xente como Alicia Keys, Robbie Williams ou Tom Jones. Esa mestura a pasamos a Alan Douches, para que a masterizara. Todo coceuse en Galicia e puliuse entre Londres e EE UU.

P ¿E como definirías o resultado?

R Supón a evolución lóxica do que vimos facendo os últimos anos, un carácter rock con ritmos funkies ou blues e na busca da melodía pop. Soubemos xuntar e mellorar os rasgos dos anteriores traballos.

P ¿Como estades afrontando a promoción do traballo?

R Vimos de facer unha xira española e agora, a partir deste mes, centrarémonos en Galicia. O venres estivemos en Culleredo, o sábado no pub Escali do Grove e o 15 de xuño no pub D’Antón de Laracha.

P ¿É este o momento de proxectar a vosa carreira cara fóra?
R Si, en setembro vai ser a primeira vez que saiamos a Europa. Aínda non temos datas, pero xa temos concertos en Bélxica e Holanda.

Antonio Casado: ''Agora queremos centrarnos en Galicia, en setembro...
Comentarios