Desde a Casa

Antón Reixa: "Andrés Goteira é un xenio, un diamante en bruto"

Antón Reixa. EFE
photo_camera Antón Reixa. EFE

→ Unha película
Doghs. Andrés Goteira é un xenio, un diamante en bruto. A súa película é singular e sorprendente.  Carlos Blanco e Miguel de Lira son moi bos actores, pero nunca os vira tan contidos. Parecía que non había máis que esperar deles.


→ Unha serie
Fargo. Xa me gustara a película dos Coen. Unha das poucas series con personaxes diferentes en construcción.


→ Un libro
Salvar el fuego de Guillermo Arriaga. É unha novela inmensa, sobre o amor imposible entre un presidiario e unha burguesiña.


→ Un disco
Déixaas. Destaco a canción que abre o álbum. O videoclip, gravado nos asteleiros de Ferrol, amosa a forza de Mercedes, a orixinalidade das súas composicións e a posta en escena, integrada nese mundo metálico.


→ Unha alternativa
iMirar a estatua Sireno de Vigo. Foi polémica. Leiro concebiuna para que ofreza visións distintas segundo dende onde a mires e da hora do día.

Comentarios