Alfredo Conde: "Este libro responde preguntas que non me fixeron en 30 anos"

O escritor falou en Lugo sobre ‘A propósito do literario’, unhas memorias das súas relaciones con editores, autores e axentes. Atribúe os ataques que recibiu a unha "concatenación" de éxitos, que provocaron a reacción mesmo de amigos como Casares
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Alfredo Conde presentou o seu libro nun acto en O Vello Cárcere, acompañado de Lois Caeiro. SEBAS SENANDE

As persoas tardan dous anos en aprender a falar e sesenta, en aprender a calar. Alfredo Conde cumpirá 77 anos o Día de Reis e non parece que nin daquela deixará de responder a cada ataque, insidia ou crítica. Hai unha frase de Francisco Fernández del Riego que explica A propósito do literario: "O problema de Alfredo Conde é non saber estar». O exdirector de El Progreso Lois Caeiro ocupouse de presentar estas memorias onte no Vello Cárcere de Lugo. "É un home silenciado. Recibiu silencios e golpes, e non calou".

A propósito do literario’(Ézaro) é un percorrido pola súa relación con escritores, editores e autores ao longo de varias décadas. "Este libro son as respostas ás preguntas que ninguén me fixo ao longo de trinta ano e son as preguntas que fixen e que ninguén contestou", indica.

Cuestiona, levantando a voz, que se lle chamase "desleal" ou "traidor" ao galego, cando leva "20.000 artigos nesta lingua, por non falar xa dos libros publicados". Recoñece, en ton baixo, que neste libro repasa as súas "obsesións". Pero non deixa de preguntarse por que foi "o único escritor galego que recibiu a Ponla de Toxo como traidor ao galego e que ningún escritor dixese nada? Eu protestei cando vin unha inxustiza contra outro escritor. Tiven que esperar trinta anos a que un escritor saíse na miña defensa", comenta en referencia a un recente comentario de Suso de Toro.

Os embates vólvense intensos cando publica ‘Xa vai o Griffón no vento’. "Houbo unha concatenación de feitos. Eu publicara dúas novelas. Son novelas de aprendizaxe. Pensei que non eran grandes novelas,pero non eran peores que as que se publicaban naqueles anos. Con Breixo soou a frauta.  Díxenme que sabería se era unha boa novela se funcionaba en castelán. Publicárona en Cátedra. Recibín o Premio da Crítica. Empecei a ser valorado en Madrid. Levei o Nacional de Literatura e, ao pouco noméanme conselleiro de Cultura, supoño que como consexuenia diso. Saio da consellería e dánme o Grinzane Cavou á mellor novela estranxeira publicada en Italia. Despois concédemne o premio Nadal". Empeza a sentir as consecuencias lonxe e tamén cerca. "Carlos Casares díxome: 'foches deputado, conselleiro, premio Nacional,... xa podes morrer'".

En A propósito do literario relata o deterioro da súa amizade. "Coa anos comprendín que o de Casares é perdoable. Nas paixón non manda a cabeza. Tiña celos. El era moi recoñecido en Galicia, pero non tanto fóra como era eu. Hai outras reaccións que non perdoo porque foron miserables, pero o de Casares é humano. Pesa máis a amizade que tivemos".

Para Lois Caeiro, Alfredo Conde non está no lugar merecido "por volume de obra e proxección internacional. O escritor relativiza: 'Despois de botar 21 días reparei en que non ten importancia"

Ese período en branco da súa vida levouno a pensar que debía escribir máis. Dubida que poida logar  unha novela mellor que as editadas polo freo  da idade, "pero quero facela para vivir, na imaxinación, experiencias que non vivín". Nestes días, descansa da escrita de A propósito do político,unhas memorias do seu paso pola representación pública.Elude falar da próxima novela. Escribiu un conto, O cagadiño, que lle pareceu atopar, ensanchado, en ‘Mazurca para dos muertos’. 

Comentarios