Acción a cuatro ruedas

Fast&Furious, traducida en España como A todo gas, presenta hoxe a súa sexta entrega avalada polo éxito habitual de recadación grazas á súa combinación de acción sobre catro rodas, músculos e mulleres con curvas. Justin Lin encárgase da dirección dunha cinta de máis de dúas horas na que Vin Diesel e a súa banda de condutores profesionais deberá capturar uns mercenarios da estrada a cambio de lograr o indulto e poder reinsertarse na sociedade. Un dos papeis de guapa tócalle a Elsa Pataky.

E tamén de estradas vai outra das estreas de hoxe, a nova cinta de Michael Winterbottom, The trip, unha comedia lixeira protagonizada por Steve Coogan, Rob Brydon, Paul Popplewell, Margo Stilley e Claire Keelan na que se fai unha homenaxe á gastronomía e á enoloxía nunha road movie por ducias de restaurantes da campiña inglesa, ao estilo Entre copas pero non en California.

A acción tamén chega hoxe de mans de Niels Arden con Death man down (La venganza del hombre muerto), protagonizada por Colin Farrell, Noomi Rapace, Dominic Cooper, Terrence Howard, Isabelle Huppert e Armand Assante. Trátase dun thriller no que Farrell é a última liña de defensa dun xefe mafioso ao que tentan matar, ata que aparece unha muller en escea.


Mención especial merece a co-media Un amigo para Frank, con Frank Langella, Liv Tyler, James Marsden e Susan Sarandon e que conta a historia dun vello con mal xenio ao que lle compran un robot para que o coide. Unha boa cinta de Jake Schreier.

Outras estreas de hoxe

‘Chaika’ Cinta coproducida en España e dirixida por Carlos Jiménez que narra a historia dunha prostituta e un mariñeiro entre Siberia e as chairas de Kazaxistán: Salome Demuria e Giorgi Gabunia.

‘El estudiante’ Película arxentina de Santiago Mitre que narra a historia dun estudiante, Esteban Lamothe, que conecta coa política e se converte nun líder estudiantil.

‘La estrella’ Alberto Aranda escribe e dirixe este drama español con Ingrid Rubio, Marc Clotet, Carmen Machi, Fele Martínez e o galego Carlos Blanco, entre outros. Conta a historia dunha muller que vive para os demais... tanto que ata se esquece dela.

‘En otro país’ Hong Sang-soo amosa nesta película de Corea do Sur as tres vidas diferentes da mesma muller, que encarna Isabelle Huppert, nunha cultura allea á súa..

Comentarios