Mourelos: "O Novo Cinema Galego non é tan novo, cumpriu anos"

O actor opinou que as web series son "o súper 8 de antes"

Antonio Mourelos, entre Lourdes Abuide e Jorge Coira. XESÚS PONTE
photo_camera Antonio Mourelos, entre Lourdes Abuide e Jorge Coira. XESÚS PONTE

Achádego Teatro finaliza novembro con tres xornadas de Experiencias Teatrais. O actor Tamar Novas, o director Jorge Coira ou o dramaturgo Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Forma parte do amplio programa organizado para conmemorar o 30º aniversario da compañía.

A sesión inaugural da iniciativa tivo lugar onte no Vello Cárcere de Lugo coa celebración dunha mesa redonda na que participaron Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual e actor e Mercedes Castro, actriz e productora de Emedous, e Coira. Os tres debatiron sobre "Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual".

Momentos antes do debate, o lucense Antonio Mourelos comentaba que era moi díficil resumir en cinco minutos a situación do audiovisual e do teatro en Galicia. "Por unha banda hai traballo, hai producións; pero por outro lado non está tan ben e o audiovisual non é un reflexo de como está o país", salientaba.

Respecto ao audiovisual, e a momeventos tan traídos e levados como o Novo Cinema Galego, Mourelos opina que "xa non é tan novo, xa van cumprindo anos", di. "Eran novos ao mellor hai sete anos", engade.

O programa continúa este sábado cunha charla co dramaturgo Sergi Belbel e o domingo Tamar Novas baixará o telón no Vello Cárcere ás 18.00 horas

O presidente da Academia Galega do Audiovisual tamén considera que hoxe en día facer cine en Galicia é "moi difícil xa que depende das televisións. É facer cine á marxe teñen que ser produtos moi cativos, que requiren moitas ganas, moitísimo esforzo, poucos medios e moitísimo talento", salienta.

COMERCIALIZACIÓN. Son películas, afirma, que non teñen un percorrido comercial mínimo nin "amplo". "Se o resto do mundo está mal, a cultura está peor. Se isto o comparas con hai quince anos, estamos bastante peor. Fanse as cousas en moitísimo menos tempo e menos tempo son menos cartos".

Respecto as novas tecnoloxías, Mourelos opina que os novos produtos como as web series "son o súper 8 de antes". "Agora fas una película cun móbil, pero ao final trátase de ter ilusión e unha miga de talento. Fas cousas, nos anos 70, nos 2000 e ahora".

Comentarios