"José Mouriz era un elemento importante da paisaxe lucense"

Xulián Parga lembra o caricaturista, cuxa obra se expón no Círculo de Lugo

O público pode contemplar as caricaturas de ilustres lugueses no Círculo. J.VÁZQUEZ
photo_camera O público pode contemplar as caricaturas de ilustres lugueses no Círculo. J.VÁZQUEZ

Xulián Parga lembraba este martes a José Mouriz como "un tipo singular, culto, elegante, amable", para acabar resolvendo en catro palabras: "Era un bo lugués".

Parga tratou o mestre nacional, que "era alguén importante na sociedade local, formaba parte da paisaxe lucense". A maiores de destacar como elemento no hábitat local da segunda metade do século, José Mouriz dedicábase a observar o resto das persoas que formaban esa sociedade. Adoitaba retratalas esaxerando as súas características e caricaturas.

Uns sesenta deses debuxos de persoeiros que paseaban polo Lugo dos anos 50, 60 y 70 forman unha mostra que permanecerá exposta no Círculo de las Artes de Lugo dende onte ata o día 18.

Entre os persoeiros representados están os pintores Maruja Mallo y Tino Grandío; escritores e periodistas como Ricardo Carvalho Calero o Francsico Rivera Cela, así como o lingüista Amable Veiga, ou médicos e abogados que desempañaban o seu labor na cidade.

Parga apunta que José Mouriz "era mestre e, polo que contaban os seus exalumnos, un bo mestre". Nacido a mediados dos anos 10 do século pasado, casaría por volta de 1960, "cando xa tiña 50 anos". Recoñece que non podería concretar onde vivía porque era moi activo socialmente. Botaba unha boa parte do ocio no Círculo, do que era secretario.

O propio caricaturista era quen elixía os modelos. "Algunhas veces debuxaba en persoa; outras usando unha fotografía ou de memoria, porque ás veces retrataba persoas que xa faleceran".

"Cantaba moi ben. Como era afeccionado a participar en celebracións gastronómicas, estas non acababan nunca sen que cantase Mouriz", indica Parga.

O amigo comentou: "Falabamos de calquera cousa, aínda que pouco sobre política" porque non se prestaban os tempos, aínda que si comentou que "Mouriz era galeguista".

A metade das caricaturas son orixinais e foron cedidas no pasado abril á entidade na que se mostran por María Elena Abel, muller do que foi albacea do artista, Andrés Segundo Guerra Pita.

O Círculo non puso nomes ás obras expostas. Convida os visitantes a identificar os protagonistas. Todos os que acerten 20 caricaturas accederán a un sorteo de pezas de Sargadelos.

Comentarios