IteGal leva internet, cobertura móbil e televisión de calidade a onde ninguén chega

A firma lucense, con dez anos de traxectoria, ofrece servizo á carta a empresas, institucións e particulares e conta cunha rede propia para atender a toda Galicia
Unha das antenas de IteGal en Penarrubia. EP
photo_camera Unha das antenas de IteGal en Penarrubia. EP

IteGal Servizos TIC, S.L., é un operador de comunicacións galego de ámbito nacional con sede social en Lugo e ampla experiencia en achegar solucións en servizos de comunicacións. Así, ofrece servizos de comunicacións en banda ancha ultra rápida, con tecnoloxía GPON (fibra óptica) e tecnoloxía de radio baseada no LTU, ambos proporcionados a través da súa propia rede.

Na actualidade, conta cunha superficie de cobertura que abrangue a meirande parte da Galiza tanto rural como a máis urbana, dispón ademais de acordos nacionais e internacionais con outros operadores e pode achegar servizos globais a calquera punto de España, ten tamén roaming en calquera parte do globo.

Instalacións da compañía na Rúa Tui, en Lugo. EP

IteGal é o proxecto empresarial de Emilio López Potente e Daniel Ayán, dous profesionais que coa súa experiencia como usuarios e traballadores do sector das telecomunicacións comezaron hai dez anos o camiño de dar o servizo que a eles lles gustaría recibir.

As señas de identidade de iteGal son a calidade e a confianza, o trato directo co cliente, no seu mesmo idioma (sexa un particular ou unha empresa) e a personalización dos servizos. O traballo de iteGal non remata coa instalación. A súa prioridade e atender o mantemento, as avarías e a postvenda dos seus clientes coa premura e as ferramentas adecuadas.

O MÁIS DIFÍCIL. Dende o primeiro momento iteGal propúxose chegar a onde ninguén chegaba: a esas áreas de montaña, ás aldeas dispersas, ás contornas urbanas onde, ata que entraron eles, os servizos se diluían. Rematar coa chamada fenda dixital.

Un dos primeiros proxectos que asumiu foi o de dotar dunha rede de internet con capacidade abonda para dar resposta ás necesidades de familias, empresas e industrias a todo o municipio de As Nogais, un proxecto que lle abriu as portas de moitos outros concellos de toda Galicia, pero especialmente das provincias de Ourense é Lugo. Itegal levou internet (con distintas tecnoloxías) a lugares como A Peroxa, Viana do Bolo, Páramo, Portomarín, Láncara, Chantada ou Monterroso, entre moitos outros.

Os proxectos desenvolvidos por iteGal contaron tamén coa confianza de entidades do Exército de Terra e da Armada en gran número dos seus centros residenciais e de ensino, desenvolvementos públicos para os concellos, mancomunidades, GDR´s, centros de ensino, así como solucións a medida para grandes almacéns, fábricas, empresas e o público en xeral.

Explica Emilio López que para chegar cunha nova xeración de servizos avanzados de acceso a internet de alta velocidade a calquera lugar foi preciso empregar as últimas innovacións tecnolóxicas con soporte sen fíos, ou fibra óptica para transmisión de datos, telefonía fixa VoIP, centrais intelixentes virtuais, e dar servizos de valor engadido como conexións seguras, interconexión e xestión de redes, soporte e administración de infraestruturas de telecomunicacións, solucións a medida, telefonía móbil con calqueira das coberturas existentes, etc.

EN EXPANSIÓN. Cun equipo humano integrado por unha vintena de profesionais, iteGal suma máis de 2.000 clientes e está en plena fase de expansión.

Para contar cos servizos desta empresa pode contactarse directamente coa súa sede na capital lucense ou con calquera dos distribuidores que teñen espallados por toda a xeografía galega e que serán sempre a referencia para o cliente tanto á hora de comezar o servizo coma na postvenda. "A nosa filosofía de traballo é a do trato persoal. IteGal non desaparece cando se instala o servizo nun domicilio ou nunha casa. O noso compromiso é o de estar sempre, o de que o cliente teña unha persoa de referencia para chamar no momento no que hai calquera problema. En iteGal non se fala con máquinas ou con servizos deslocalizados a milleiros de quilómetros, falamos entre persoas", engade e conclúe Emilio López.

O custe dos servizos
Prezos
▶ Os custos dos servizos de Itegal van dende os 29,90 euros/mes Ive engadido para un simple servizo de internet.
Paquetes
▶ Internet fibra ou radio, telefonía fixa, dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 20 Gb de datos, plataforma iteGalTv con 53 canles accesible dende catro dispositivos por 59,95 euros/mes Ive engadido.

 

SABER MÁIS: www.itegal.es
Rúa Tui, 34 Lugo | 982 09 03 68 | [email protected]

Comentarios