A Xunta incrementa case un 14% as horas do SAF para dependentes en 30 concellos

Suman 160.700 novas horas anuais para o servizo
Javier Arias Fouz. EP
photo_camera Javier Arias Fouz. EP

A Xunta vén de poñer en marcha un plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas en situación de dependencia que suporá un incremento do 13,5 por cento nas horas anuais de prestación do mesmo en 30 concellos da provincia.

Segundo salientou o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, estes municipios sumarán 160.700 novas horas anuais, ata chegar a algo máis de 1,3 millóns de horas ao ano para atender as persoas que o precisen.

A Administración autonómica indicou que os concellos lucenses con maior suba en termos porcentuais destas horas de SAF para dependentes son Sarria (28%), Guntín (case o 26%), Lugo (24,6%), Cervantes (20,5%), Riotorto (preto do 17%), Viveiro (17,5%), Vilalba (case o 15%), Begonte (14,6%), Castro de Rei (14,4%) e Baralla (13,3%).

En canto ao tempo asignado, Lugo será o municipio con más horas anuais de atención en 2021, con 228.624, seguido de Vilalba (189.912), Viveiro (70.332) e O Saviñao (69.876).

Comentarios