miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

A Galipedia busca fotos de case 300 parroquias da provincia de Lugo

Crecente, na Pastoriza, é unha das parroquias que non ten foto na Wikipedia. M.ROCA
Crecente, na Pastoriza, é unha das parroquias que non ten foto na Wikipedia. M.ROCA

A enciclopedia online lanza un concurso para documentar todos os recunchos da comunidade con imaxes de licenza libre

A Galipedia vén de lanzar un concurso de fotografía para conseguir que todas as parroquias de Galicia teñan a súa correspondente imaxe de licenza libre dentro do seu artigo nesta enciclopedia online.

Segundo explican os organizadores de Wiki Loves Parroquias, "hai preto de 700 parroquias de Galicia sen foto no seu artigo", 294 na provincia de Lugo.

"As imaxes son fundamentais para ilustrar os artigos xa que achegan un alto valor ós contidos, e que cada parroquia teña a súa foto é subir un pequeno chanzo no incremento da calidade desta enciclopedia libre", apuntan desde a organización, que anima aos galegos a participar no concurso. "Descubre a Galicia máis escondida e amósaa na Galipedia, hai milleiros de fotos que se poden facer!".

As fotos participantes poderán presentarse na páxina do concurso desde o 1 de xullo ata o 31 de outubro, ambos inclusive. En novembro votaranse as imaxes gañadoras. 

O primeiro premio está dotado con 300 euros, o segundo con 200 e o terceiro con 100.

As bases para participar na primeira edición deste concurso atópanse na páxina de Wiki Loves Parroquias. 

A Galipedia busca fotos de case 300 parroquias da provincia de Lugo
Comentarios