Volve a choiva e a cota de neve baixa ata os 800 metros

Este domingo as temperaturas subirán lixeiramente e o risco de xeadas será mínimo

Un niño se protege de la lluvia bajo un paraguas.VILLAR LÓPEZ (EFE)
photo_camera Un neno protéxese da choiva. VILLAR LÓPEZ (EFE)

Unha nova fronte chega este domingo á comunidade, tralo anticiclón que aterraba este sábado acompañado de moita humidade.

Os cocidos e as filloas converteranse nun dos remedios máis axeitados para combater o frío na zona sur da provincia, na que a cota de neve andará arredor dos 1.200 metros pola tarde e pouco a pouco irá baixando ata alcanzar os 800 metros, segundo informa MeteoGalicia.

Con todo, de xeito xeral, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, en especial nas mínimas, polo que as xeadas serán moito menos abundantes.

As choivas serán persistentes ao longo da xornada e agárdase que vaian remitindo cara ao final do domingo. 

Para a capital lucense espéranse 4º de mínima e 11º de máxima, para Viveiro 7º e 13º e Monforte de Lemos 6º e 12º, recolle Aemet.

O vento soprará en xeral frouxo, comezará de compoñente sur e co paso da fronte virará a compoñente norte.

Comentarios