Unións Agrarias pide igualar os criterios de valoración dos animais mortos

O sindicato demanda á Xunta de Galicia que se unifique o valor das subvencións dentro da mesma Administración autonómica e que complemente as medidas compensatorias anunciadas polo Ministerio
Representantes de Unións Agrarias en Lugo. FLAVIA MACÍA
photo_camera Representantes de Unións Agrarias en Lugo. FLAVIA MACÍA

Unións Agrarias fixo un chamamento á Xunta de Galicia para que iguale o importe das subvencións por animais mortos. Así o destacaron en Lugo Félix Porto, secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias; José Ramón González, responsable de Producións Ecolóxicas e Extensivas da organización; e Miguel Tomé, coordinador provincial do sindicato en Lugo.

Os tres representantes sindicais denunciaron a situación pola cal o valor dun animal é distinto se morre pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) ou polo lobo; isto é, se a subvención que cubre os danos vén da Consellería do Medio Rural ou da do Medio Ambiente. "É necesario igualar os criterios de valoración, e sobre todo non é comprensible que estes criterios varíen dentro da propia Xunta", destacaron.

Por outro lado, tamén piden á Xunta que complemente os apoios anunciados polo Ministerio para a gandería. "Non pode ser que o mesmo animal en Galicia sexa valorado con 380 euros, e en Castela e León con 932 euros", indicaron. "O Ministerio pon un valor mínimo de compensación, pero o normal é que as comunidades complementen ese valor, cousa que aquí non se fai", denunciaron.

Dende o sindicato tamén incidiron na importancia de destinar "recursos suficientes " á campaña de vacinación da EHE, anunciada polo Ministerio para despois do verán. Nese sentido, recordaron "os problemas que xa se rexistraron na última campaña de saneamento gandeiro por non ter efectivos suficientes para acometer en tempo e forma a vacinación da lingua azul". Por outro lado, tamén solicitaron que as administracións estatal e autonómica impulsen a contratación de seguros agrarios mediante a ampliación das achegas que realizan aos mesmos.

Otras demandas

El sindicato destacó los logros de las negociaciones que a su vez fueron fruto de las movilizaciones en un sector "imprescindible no territorio galego", haciendo especial hincapié en la reciente reunión del sector en Toledo.

José Ramón González destacó, en este sentido, el logro del carácter voluntario del cuaderno digital, que evita la complejidad burocrática, y del veterinario de explotación, entre otros asuntos.

Unións Agrarias pide también a la Xunta que vuelva a convocar las ayudas para la Ternera Gallega, pero modificando los criterios, para que se concedan por vaca nodriza y no por becerro.

El sindicato pide que se impulse el consumo de la carne Suprema fuera de Galicia, ya que más de la mitad de lo que se produce se consume aquí.