O Sergas investirá 600.000 euros para o transporte de pacientes con hemodálise en Lugo

O servizo beneficiou a case 180 enfermos o ano pasado
Un paciente de Hemodiálisis. ARCHIVO
photo_camera Un paciente de Hemodiálisis. ARCHIVO

O Sergas informou este mércores de que investirá máis de 600.000 euros no transporte para hemodiálise na provincia de Lugo. Este servizo, que se realiza en convenio coa asociación Alcer, beneficiou a case 180 pacientes durante o ano pasado.

Esta nova chega nun día no que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén adiantou que a Xunta deu luz verde á licitación das obras do novo centro integral de saúde de Lalín, cun investimento de máis de 9 millóns de euros. 

O Executivo galego prevé licitar as actuacións na segunda quincena deste mes, para inicialas a próxima primavera.

Por outra banda, o Goberno galego destinará case 7,7 millóns de euros a loitar contra o covid-19 nas áreas sanitarias da Coruña e Cee, e de Vigo. 

A maior parte deste investimento irá para material de laboratorio e equipos de protección individual, completándose o orzamento coa contratación de determinados traballos e servizos.A adquisición deste material e a contratación de obras e servizos enmárcase dentro do protocolo de actuación para facer fronte á epidemia que no seu día elaborou o comité de expertos. 

Comentarios