viernes. 19.07.2019 |
El tiempo
viernes. 19.07.2019
El tiempo

PSOE y BNG suman 31 alcaldías, tantas como un PP a la baja

Mapa Lugo
Mapa Lugo

Los socialistas, pese a tener un alcalde menos que hace cuatro años, se refuerzan al contar con el control de los grandes municipios. Los populares, los más votados, pierden peso político

A fortaleza, relativa, do PSOE marca o novo mapa municipal da provincia, onde o partido da rosa suma vinte e sete alcaldías, unha menos que hai catro anos. A formación, que nas últimas semanas exhibiu as súas feridas internas pola pugna polo control da Deputación, ten nos concellos o seu punto forte e quizá a mellor imaxe do seu avance é a conquista do Concello de Vilalba, un feudo histórico do PP co que logrou alzarse Elba Veleiro grazas ao apoio de Vilalba Aberta.

Por contra, o poder local do PP vese minguado a pesar de que segue sendo a formación máis votada e esa realidade tradúcese con claridade no futuro da Deputación, que, a pesar das súas diferenzas internas, poderán presidir os socialistas, co apoio do BNG.

A unión de forzas de socialistas e nacionalistas é clave para entender o novo mapa político da provincia, xa que os apoios mutuos entre esas dúas formacións son decisivos ante a falta de maiorías absolutas en moitos concellos.

Os socialistas avanzan na provincia e ademais consolidan o seu poder en concellos especialmente representativos, como Monforte, onde José Tomé conseguiu dez dos once deputados, ou Viveiro, onde María Loureiro reeditou o seu liderado, aínda sen alcanzar a maioría absoluta. Especialmente satisfactorio para os da rosa foi volver facerse co concello de Foz, aínda necesitando os votos do BNG. Por suposto, a capital da provincia, polo seu carácter simbólico, é tamén importante para os socialistas á hora de exhibir músculo.

A pesar deses bos resultados, o partido supura por algunhas feridas moi profundas. Un exemplo diso viuse este sábado na Fonsagrada, onde Argelio Fernández Queipo viuse obrigado a renunciar a ser alcalde, en favor do número dous da lista, para garantir un goberno socialista na localidade, ante a negativa do BNG de darlle o seu apoio.

In extremis reeditouse tamén a cor vermella na Pastoriza, onde Primitivo Iglesias non se asegurou o apoio do BNG ata o mesmo pleno de constitución da corporación municipal.

Doloroso é tamén para o partido o caso de Sarria, onde o PSOE perde a alcaldía, que ademais pasou a Claudio Garrido, outrora un dos homes fortes do socialismo na provincia.

En Monterroso a corporación non se constituíu este sábado, en espera da resolución do recurso presentado polos socialistas, pero todo apunta a que o bastón de mando acabará recaendo en Antonio Gato, que no pasado foi tamén un símbolo do poder socialista e que tras saír resentido do partido acabará gobernando como líder dunha desas forzas independentes que se foron abrindo paso na provincia. Gobernarán Sarria, Becerreá, Páramo, Rábade e Monterroso.

Desas novas forzas, quizais sexa especialmente simbólica Todo polo Páramo, que con José Luis López á fronte logrou romper unha maioría popular continuada de 36 anos, aínda que para o asalto á alcaldía precisou o voto do edil socialista.

Rábade, con todo, segue sendo o principal referente das listas independentes da provincia e Francisco Fernández Montes volveu a ser ratificado como alcalde.

Agridoce é o avance do BNG. Os nacionalistas seguen tendo un poder territorial moi limitado, pero á vez forte naqueles municipios nos que lograron converterse en referente nos últimos anos, como Ribadeo ou A Pobra de Brollón. Este sábado ratificaron a súa conquista do concello de Barreiros, o gran salto adiante do Bloque tras as últimas eleccións, e, ademais, gobernarán novamente en Muras. Iso si, necesitaron o apoio socialista para asegurar o goberno de dous deses catro municipios.

Pero, ademais, o avance en votos, especialmente evidente na capital da provincia, dálle aos nacionalistas un deputado provincial máis, o que reforza a súa condición de socio imprescindible para os socialistas na corporación provincial, tras varios anos no banco logo de apartarse do goberno de Darío Campos.

O PP, en tanto, pode sacar peito polo feito de ser o partido que goberna en máis municipios da provincia, un total de 31. Ese éxito non esconde, con todo, que a formación foi perdendo o goberno das poboacións máis importantes de Lugo. Chantada, grazas á recuperación para as filas da gaivota de Manuel Varela, e Mondoñedo, onde se fixo forte a presidenta provincial do partido, Elena Candia, son as únicas cabeceiras destacadas que gobernará unha formación que historicamente foi hexemónica na provincia.

O PP, que suma 31 alcaldes, terá os grupos máis numerosos na maioría de concellos, incluído o da capital e o da Deputación Provincial. Con todo, ese alto número de representantes non lle servirá para tomar decisións en ningún dos municipios máis poboados nin na institución máis influente da provincia, a Deputación, onde nos últimos anos o seu voto foi decisivo en numerosas ocasións e tivo capacidade para negociar incluso os orzamentos.

Esa é a realidade que quedou plasmada nos plenos de constitución dos concellos deste sábado, un proceso no que tamén foi noticia o feito que que acudise a tomar posesión como alcalde de Baralla Manuel González Capón, cuxo delicado estado de saúde mantívoo ingresado no Hula.

Unha anomalía da xornada foi que, do mesmo xeito que sucedeu en Monterroso, non se constituíse a corporación de Burela, ao estar pendente un recurso de Galicia Sempre.

Así son los regidores Once mujeres con bastón de mando
El poder en Lugo sigue siendo masculino. Solo once de los 67 municipios tendrán una alcaldesa. Eso sí, en tres de las poblaciones más importantes, Lugo, Vilalba y Viveiro, el bastón de mando lo tendrá una mujer. Hay regidoras también en Guitiriz, Lourenzá, Trabada, Folgoso do Courel, Guntín, Triacastela, Mondoñedo y Barreiros. Son seis del PSOE, cuatro del PP y una del BNG.

Los más jóvenes
Entre los regidores más jóvenes están Mayra García, de 31 años y que repite como regidora de Trabada, y Fran Cajoto, de Foz, con 36 años. Ana Ermida, la nueva alcaldesa nacionalista de Barreiros, tiene 37.

Veteranía
En el lado opuesto están Antonio Gato, que volverá con toda probabilidad a la alcaldía de Monterroso con 74 años, y José Luis Álvarez Blanco, de Pantón, de 70 años. José Manuel Mato es el regidor más veterano, ya que lleva al frente del Ayuntamiento de Paradela desde 1979. Por profesiones, dominan los funcionarios.

PSOE y BNG suman 31 alcaldías, tantas como un PP a la baja
Comentarios