O programa Actívate da Deputación iníciase cun curso de cogomelos e barranquismo

Pilar García Porto destaca o éxito de participación, augurando que "o turismo de calidade, non masificado, sostible e de proximidade interesa"
Participantes no programa Actívate da Deputación. EP
photo_camera Participantes no programa Actívate da Deputación. EP

A Deputación vén de iniciar o programa Actívate, unha iniciativa coa que pretende impulsar o turismo activo, científico e mindfulness na provincia lucense. Deste xeito, arrincou cun curso de cogomelos no Incio na xornada do sábado, reservan unha actividade de barranquismo en Folgoso do Courel para o domingo, esgotando ambas as dúas as prazas dispoñibles. 

Segundo Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, o éxito de participación "fai pensar que o turismo de calidade, non masificado, sostible e de proximidade interesa”, avogando así por “axudar á recuperación da economía e promover un lecer seguro en tempos de restricións de mobilidade”. 

De cara ás próximas accións, o próximo martes 4 de maio ábrese o prazo para anotarse ás propostas dos días 15 e 16 deste mes, que son Sendeirismo na Fervenza de Augacaída e Entre viñedos ao carón do Canón do Sil. A este respecto, os interesados poden inscribirse a través da web  http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate, podendo resolver as súas dúbidas no teléfono 982.26.00.11 ou no correo electrónico a [email protected].

PROGRAMA COMPLETO
MAIO
8 de maio:
O rural cos cinco sentidos, en Triacastela (Prazas esgotadas)
9 de maio: A Terra Chá a vista de paxaro, en Cospeito (Prazas esgotadas)
15 de maio: Sendeirismo na Fervenza de Augacaída, en Pantón
16 de maio: Entre viñedos ao carón do Canón do Sil, en Sober
22 de maio: O Courel, onde as forzas xeolóxicas dobraron as montañas, en Quiroga
23 de maio: Iniciación ao Ioga, en Mondoñedo
29 de maio: Baños de bosque nos Ancares, en Cervantes
30 de maio: En bici pola Vía Verde e montes na vila dos Fornos, na Pontenova

XUÑO
5 de xuño: Os increíbles ceos do Xistral, en Muras. Esta actividade, ao tratarse dunha actividade nocturna pode variar de data en función da normativa sanitaria vixente.
6 de xuño: Aventura no Castro de Viladonga, en Castro de Rei
12 de xuño: Sendeirismo Castelo de Pambre e torrentes do Mácara, Palas de Rei
13 de xuño: Surfeando na costa da Mariña, en Foz
19 de xuño: Introdución ao Tai Chí, en Guntín
20 de xuño: Descubrindo as pegadas da fauna, na Fonsagrada
26 de xuño: Sendeirismo na Mariña occidental, no Vicedo
27 de xuño: Kaiak no río Eo, en Trabada

Comentarios