O PP denuncia que o catamarán rescatado do fondo do Miño segue "deteriorándose" ao aire libre

Os populares explican que a Deputación ten dúas naves en Begonte e o barco non pasa pola porta dunha delas e na outra non hai sitio para gardalo

El catamarán, en Begonte. EP
photo_camera El catamarán, en Begonte. EP

O catamarán da Deputación de Lugo afundido no Miño, á altura da ponte de As Saamasas, en Lugo, na noite do 19 ao 20 de decembro, continúa "deteriorándose" ao aire libre, "varado en terra sobre o remolque no que foi trasladado a Begonte".

O PP denuncia que o barco non entra pola porta dunha das naves que ten nese municipio a institución provincial e que na outra non hai sitio para gardalo. 

O deputado popular Óscar Poy explicou este sábado que o presidente provincial, José Tomé, indicou no pleno celebrado o pasado 31 de decembro que o catamarán sería trasladado a unha das naves de titularidade provincia. "Pois non foi así. E non foi así porque o catamarán non está en ningunha das dúas naves; está no exterior. Ocorre que a porta dun dos edificios que podería acoller o barco non é grande abondo para que pase; a outra nave, ten unha porta suficientemente grande, pero está tan chea que non hai sitio para o catamarán. A isto chámaselle previsión, tanta como a que fixo que o Pelegrín I pasase dous anos no río sen mantemento, ou sen apenas mantemento e sen uso ningún, e acabara afundindo", abondou Poy.

O popular, que considera que o caso do catamarán afundido é "unha boa metáfora do modelo de xestión do goberno provincial, engadiu: "Haberá que ver onde o deixan cando a empresa que se encargou do traslado decida que xa é hora de recuperar o remolque sobre o que se atopa". 

Comentarios