O PP advirte a Darío Campos de que goberna "en minoría" na Deputación

A portavoz do PP, Elena Candia, considera que os socialistas intentan "asediar" Suplusa "empregando" aos seus traballadores

Elena Candia, en una rueda de prensa. EP
photo_camera Elena Candia, en una rueda de prensa. EP

A portavoz do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, recordou este mércores ao goberno socialista de Darío Campos que goberna "en minoría" e non pode "quebrar nin disolver Suplusa".

A representante popular asegurou que se trata dunha actitude "irresponsable cos traballadores e empresas que teñen asinados contratos, incluso nalgúns casos co propio presidente, Darío Campos, para a construción de residencias tendo xa obras rematadas, certificacións feitas e facturas pendentes de pagar”.

Desde o PP, aseguran que se dirixiron "á Deputación para que nomeara unha persoa que substituíra” ao interventor. Candia recriminou ao presidente do ente provincial que, coa situación como está, "tome vacacións".

Candia afirma que defenden "a actividade de Suplusa a favor dos veciños da provincia" e achaca a situación pola que pasaron os traballadores, de dez días sen cobrar, ás liortas internas no seo do PSOE.

Os populares consideran que, de producirse a disolución de Suplusa, será un proceso longo.

Comentarios