Unha postal de Nadal para despedir a ponte

As serras orientais amañeceron cubertas dun manto que, a pesar de descender dos 700 metros e sumar dez centímetros, apenas deixou incidencias. Na Mariña a frota de cerco estivo amarrada e derrubouse parte dunha estrada

Arriba, a A-6 e Piornedo. Abaixo, visitantes no Cebreiro, un veciño no porto de Burela e un desprendemento en Cervo.A ponte de decembro rematou e, con ela, a borrasca Barra, que se retirou da provincia non sen antes cubrir a comarca da Montaña de branco. A terceira nevada do outono na provincia de Lugo foi, nalgúns lugares, a primeira. A cota de neve descendeu por debaixo dos 700 metros nesta zona. Porén, e pese ás dificultades na circulación, o temporal apenas deixou incidencias en Lugo nin dificultou a xornada de regreso, a diferenza do que sucedeu en Ourense, onde a A-52 foi unha das 62 vías do Estado afectadas polo mal tempo.

Para paliar os efectos das nevaradas, a Deputación despregou 44 operarios e 29 máquinas e vehículos, un dispositivo que traballou en 70 estradas que discorren por 12 municipios das serras orientais da provincia. Os traballos comezaron na madrugada de onte, e continuaron ao longo do día.

Os concellos máis afectados foron os de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.

Na Fonsagrada, un camión quedou atravesado ás 10.00 horas na estrada LU-530 á altura de A Lastra, pero conseguiu manobrar sen causar ningún prexuízo. En Pedrafita, o Concello tivo que asistir a varios visitantes que circulaban sen os medios precisos que a neve esixe.

Arriba, a A-6 e Piornedo. Abaixo, visitantes no Cebreiro, un veciño no porto de Burela e un desprendemento en Cervo.De feito, ao Cebreiro achegáronse persoas de toda Galicia para desfrutar da xornada invernal. En Cervantes houbo torbas durante toda a mañá, e o Concello mantivo as súas dúas máquinas en funcionamento para limpar as estradas e facilitar o regreso de visitantes dende Piornedo ou As Cabanas.

 Porén, en toda a comarca, a neve amosou a súa mellor cara cunha estampa propia de Nadal. A cota de neve subiu pola tarde ata acadar os 1200 metros, e este xoves a comarca xa non está baixo alerta amarela por neve. Unha fronte cálida afectará a Galicia desde as primeiras horas da mañá, deixando ceos cubertos e chuvias febles.

Arriba, a A-6 e Piornedo. Abaixo, visitantes no Cebreiro, un veciño no porto de Burela e un desprendemento en Cervo.NO MAR. A frota mariñá de artes menores, arrastre e cerco permaneceu onte amarrada a porto debido ao mal tempo na mar. O temporal non xerou mar de fondo e o mar de vento reinante motivou que unicamente saísen os barcos de maior porte que operan en caladoiros como o Gran Sol.

A alerta laranxa establecida no litoral da provincia continuará durante a xornada deste xoves e comporta ondada, aínda que a intensidade sexa menor á prognosticada nun principio, con ondas de entre cinco e sete metros de altura, e prevese que a tendencia sexa de lenta remisión. Con todo, é posible que a frota que está amarrada é non poida saír a faenar ata o domingo ou o luns, segundo o cálculo do patrón maior de San Cibrao, Javier Sánchez. O sector leva unhas semanas de mal tempo que apenas puido aproveitar e agarda que a situación mellore para Nadal.

Arriba, a A-6 e Piornedo. Abaixo, visitantes no Cebreiro, un veciño no porto de Burela e un desprendemento en Cervo.DERRUBAMENTO. O GES de Cervo cortou pola tarde a estrada provincial que enlaza Río Covo con Viladesuso, ao derrubarse parte da mesma. Dende o Concello cervense xa advertiran sobre o risco dese lateral, e asocian o derrubamento ás fortes precipitacións.

As choivas provocaron o corte da LU-P-5209, que enlaza a estrada N-634 coa praia de As Catedrais, e deixaron tamén balsas de auga na que une Cervo e Burela. Ademais, un camión tirou unha grilanda que, ao parecer, estaba descolgada polo vento, na Avenida Arcadio Pardiñas de Burela, onde houbo que cortar o tráfico para retirala.

Comentarios