"Necesítase cantimplora e mapa para saber o que pasa na Deputación de Lugo", di Feijóo

O presidente da Xunta critica "a falta de liderado" do PSOE no ente provincial 

Manuel Martínez y Darío Campos. AEP
photo_camera Manuel Martínez e Darío Campos. AEP

Tras o Consello da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foi preguntado polo consello de administración de Suplusa, sociedade urbanística mercantil que depende da Deputación de Lugo, que aprobou esta semana cos votos do PP e do seu presidente, Manuel Martínez, que o ex deputado socialista e alcalde de Becerreá cobre 71.848 euros de soldo polo seu cargo na empresa pública. 

"Necesítase mapa e cantimplora para interpretar o que sucede na Deputación de Lugo", respondeu o presidente galego, antes de incidir en que, "se hai unha institución na que se poida comprobar a falta de liderado do PSOE é a Deputación de Lugo".
 
"Nin coñezo o contido da decisión, nin as causas. O que si me parece é que Suplusa ten que funcionar, hai unha serie de condicións que teñen que matizar a resposta e remítome ao que digan os compañeiros de Lugo", resolveu.

O xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou tamén a "honorabilidade" do falecido ex presidente galego Manuel Fraga "sen ningunha dúbida". "Creo profundamente nela", proclamou ao termo da reunión semanal do seu Goberno.
 
Así se pronunciou tras ser preguntado polas declaracións que fixo no Congreso esta mesma semana o que fóra nos anos 90 secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, considerado número dous da Gürtel, que dixo que Fraga non cobrara sobresoldos.

Comentarios