Mestres para toda a vida

Para celebrar o Día do Docente, varios lucenses lembran a quen máis os inspiraron

Unha mestra diríxese aos seus alumnos. AEP
photo_camera Unha mestra diríxese aos seus alumnos. AEP

O día 27 de novembro celébrase o Día do Mestre, unha data marcada para recoñecer o importante traballo que os docentes fan. O seu obxectivo é espallar coñecementos entre os seus alumnos, pero tamén sementar curiosidade, inquietudes que axuden a avanzar polos camiños da formación, ferramentas para desenvolver as diferentes capacidades, inspiración para realizarse.

O exalcalde e tamén profesor José López Orozco, o actor Antonio Mourelos, a actriz Melania Cruz, a neurocientífica Sonia Villapol, a escritora Marta Rivera de la Cruz e a parlamentaria Elena Candia lembran a mestres que tiveron un lugar destacado na súa formación.

Na maioría dos casos non foron persoas que destacasen por achegar unha gran cantidade de coñecementos, aínda que os tiñan. Foron mestres que souberon despertarlles paixóns, que lles axudaron a avanzar cando o necesitaban, persoas que gañaron o seu agradecemento de por vida.

JOSÉ LÓPEZ OROZCO ► Alejo Bolaño

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkO profesor e exalcalde José López Orozco lembra con especial cariño e moito agradecemento a Alejo Bolaño, o mestre que lle ensinou a ler: "Deume clase hai exactamente 67 anos. Eu era un neno de sete anos recén chegado a Lugo, procedente de Triacastela. Alí fora á escola, pero o mestre levaba tempo enfermo e non tiña substituto, así que eu aínda non sabía ler. O meu pai, cando tiña tempo libre, intentaba aprenderme as primeiras letras. A miña nai era máis práctica e ensinábame o catecismo do padre Astete de memoria".

Cando chegou en novembro do 1954 a Lugo, José López Orozco asentouse no barrio de Montirón. "Ao lado da nosa casa había unha escola pública da que era mestre don Alejo. Aos poucos días tranquilizou ao meu pai: 'Non se preocupe, nun mes xa verá como xa le', díxolle".

O mestre calculou ben e "nas vacacións de Nadal, a miña nai atopoume nunha saliña da casa lendo El Progreso e, toda contenta e sorprendida, foi avisar ao meu pai. Pepe! O pequeno sabe ler!".

O exalcalde de Lugo afirma que nunca esqueceu aquel home que lle ensinou a ler e sempre sentiu un gran agradecemento cara el. 

Conta que Alejo Bolaño "viviu moitos anos. Sempre que eu pasaba pola rúa Aguirre, ao carón do Círculo das Artes, víao detrás dunha cristaleira. Con canto cariño e agradecemento o miraba! E para os meus adentros, sempre lle dicía: Grazas, don Alejo".

SONIA VILLAPOL ► Modesta Campo e Teresa Carracedo

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryAppleMarkA neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza, valora o papel dos mestres para despertar o interese dos alumnos, a curiosidade que os fai avanzar no coñecemento. Neste contexto lembra a Modesta Campo, a súa mestra de ciencias da natureza e matemáticas nos últimos anos de EXB. "Foi ela quen me presentou a fisioloxía e quen me descubriu como funcionaban por dentro as células. Explicaba todo dun xeito moi entusiasta e ameno. Quen me diría que adicaría o resto da miña vida a explorar a bioloxía".

Sonia Villapol tivo moitos mestres ao longo da súa carreira e di que "os que deixan pegada non sempre están nos centros educativos". Pon como exemplo a Teresa Carracedo. "Escapando da mala docencia dalgunha profesora do instituto fun dar con ela nas clases particulares".

Lembra con agradecemento que aprendeu a resolver problemas de física e de química no garaxe da súa casa "e ensinábame as matemáticas escribindo as ecuacións na parte en branco dos panfletos electorais para aforrar papel".

A neurocientífica de Bretoña considera que "cando somos cativos aos mestres temos que admiralos como tal. Son un exemplo e non se deberían sobrepasar os límites da confianza. Este respecto e admiración forma parte da súa ensinanza".

ANTONIO MOURELOS ► Juan Antonio Porto

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryAppleMark"Ninguén me inoculou tanta paixón polo cine como Juan Antonio Porto". Con esta rotundidade fala o actor lucense Antonio Mourelos do seu mestre.

Coincidiron na facultade de Ciencias da Información de Madrid, cando Antonio Mourelos estudaba Imaxe e Son e Juan Antonio Porto era profesor de narrativa fílmica. "Era un guionista moi recoñecido, fixo El crimen de Cuenca, entre outras moitas cousas, pero eu creo que non aprendín nada de guión con el ou, polo menos, non teño recordos de grandes clases teóricas. As súas intervencións eran conferencias sobre como aprender a amar o cine. Deixábanos embobados, ninguén collía notas. As súas clases eran auténtica paixón e saías de alí con ganas de ver cine, de facer cine, de escribir guións".

Varias décadas despois deses tempos de universidade, reencontráronse na Coruña. Mourelos participaba na rodaxe de El desconocido e Porto era o propietario do piso que a produtora tiña alugado para vestiario e maquillaxe. O actor lucense fala con emoción daquel encontro: "Eu non sabía de quen era o piso e levei unha alegría enorme cando o vin alí. Díxenlle: Buenos días, maestro. Non se lembraba de min, pero fíxolle ilusión atopar un alumno na rodaxe dunha película e tiven ocasión de agradecerlle todo o amor polo cine que me transmitiu".

Estiveron falando un tempo e Juan Antonio Porto pediulle a dirección para mandarlle un esbozo dun guión. "Díxome que tiña unha idea para unha película e pediume que lla fixese chegar a Luís Tosar porque pensaba nel coma protagonista.Pensei que non se lembraría máis do asunto, pero ao pouco tempo chegoume unha carta cun texto manuscrito a bolígrafo e doce folios de ordenador cunha sinopse". 

Agora, como profesor na Universidade de Santiago, Antonio Mourelo sabe que "é máis importante despertar paixón que transmitir contidos. Toda a teoría que eu podo ensinar está en internet ao alcance de calquera. O único importante que eu podo achegar é a experiencia persoal, como é por dentro unha película, o teatro, a dobraxe, a radio..."

Conta con mágoa que Juan Antonio Porto faleceu recentemente, pero as súas ensinanzas perviven.

MELANIA CRUZ ► Juan, do Ceip Paradai

                                                                                                                     A actriz Melania Cruz atopou o seu profesor de referencia cando estudaba segundo de Maxisterio en Lugo e foi facer prácticas ao Ceip Paradai. "Chamábase Juan e era o responsable do departamento de Pedagoxía Terapéutica. Transmitiume o amor polo alumnado, pola docencia, a importancia de escoitar as necesidades individuais e o respecto pola profesión".

É doado localizar todas estas pautas nos libros teóricos sobre o que debe ser un bo mestre, pero moi difícil atopar un compendio delas nunha única persoa. Melania Cruz tivo esa sorte nos seus tempos de estudante universitaria. "Acolleume na súa aula con total xenerosidade e compartiu comigo os seus coñecementos", un detalle que calquera alumna en prácticas agradece. 

A actriz lucense considera que este mestre do Ceip Paradai é "todo un exemplo a seguir".

MARTA RIVERA ► Avelina, Mª Luisa Dapena e madre García de Dios

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryA escritora lucense Marta Rivera ten moi bos recordos da súa etapa de estudante no colexio da Compañía de María de Lugo. Lembra con moito cariño a Avelina, a súa profesora de segundo de EXB. "Fue la primera con la que hice teatro. Yo era Don Quijote y tuve que conocer al personaje para representarlo". 

Á mestra tamén lle quedaron boas lembranzas de Marta Rivera e hai uns dez anos procurou un encontro con ela. "Fui a presentar un libro a Zamora y allí estaba. Fue una sorpresa porque yo no me acordaba de que ella era de allí, pero la reconocí entre el público porque estaba igual. Me encantó verla. Estuvimos hablando y le firmé un libro".

Lembra tamén con moito cariño a María Luisa Dapena, profesora de lingua castelá e literatura, da que di que aprendeu moito, e a Marisa García de Dios, que lles daba matemáticas. "La madre García de Dios era también directora del coro en el que yo cantaba, así que pasaba mucho tiempo con ella. Tenía una biblioteca particular muy grande y nos prestaba sus libros. Cuando la trasladaron a Cangas tuve un disgusto horroroso".

Marta Rivera considera que a palabra mestre é "preciosa. Esos primeros docentes tienen gran influencia en nuestra formación".

ELENA CANDIA ► Margarita Bermúdez

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryElena Candia, deputada autonómica e presidenta do PP na provincia de Lugo, estudou no colexio Álvaro Cunqueiro e no instituto San Rosendo de Mondoñedo. Neses anos tratou con varias mestras que a marcaron. "Destacaría a Margarita Bermúdez, profesora de galego en EXB. Ela marcou moito a miña formación galeguista. Era unha persoa moi implicada cos alumnos,que ata me levaba a actividades extraescolares porque eu vivía a cinco quilómetros do colexio e os meus pais non podían. Sen a súa axuda eu non podería participar en nada", conta.

Da escola tamén lembra con cariño a Clara, unha profesora de matemáticas que tamén fora mestra do seu pai.

Xa no instituto, destaca docentes que tiveron a habilidade de incentivar a ansia de coñecemento nos alumnos. "Con Pilar, a profesora de latín, aprendín que as obras clásicas que traduciamos están aínda de actualidade. E Paz, a profesora de galego, conseguiu que moitos utilizásemos a lingua en todas as asignaturas. Iso incluso o mantiven na carreira, porque independentemente do idioma no que falase o profesor eu sempre tomaba apuntamentos en galego".

Candia afirma que "os docentes teñen unha capacidade de influencia moi grande. O factor humano condiciona a actitude dos alumnos cara a asignatura".

Comentarios