Máis de 126 persoas de 17 nacionalidades participaron no programa Lugo é artesanía

As Xornadas Viaxeiras comprenderon obradoiros artesáns en diferentes lugares da provincia
No miradoiro de Cadeiras, en Sober. CEDIDA
photo_camera No miradoiro de Cadeiras, en Sober. CEDIDA

A pasada fin de semana acabou a primera edición do programa Lugo é artesanía, unha experiencia na que participaron este verán 126 persoas de 17 nacionalidades distintas. O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), dependente de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, fixo un balance "moi positivo" tanto da participación e resposta que tivo.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro xestionáronse un total de 174 solicitudes que, debido as restricións sanitarias e ao tamaño dos propios obradoiros, se concretaron finalmente en 110 persoas que visitaron 22 obradoiros artesáns afincados nas comarcas de A Mariña, Ribeira Sacra, Meira e Lugo-Terra Cha. Houbo turistas de lugares tan lonxanos como Irlanda, México, Arxentina, Thailandia, Perú, Italia ou Xapón.

As Xornadas Viaxeiras, que foron guiadas por Guido Álvarez, varon aos participantes a coñecer de primera man o traballo dos artesáns afincados no Barrio dos Muíños de Mondoñedo, a gozar das exhibicións do manexo do lume e o barro da man dos oleiros de Gundivós e a decubrir en Barbadelo a Cremona lucense da man do luthier Germán Arias.

Tamén houbo obradoiros de Xaneco Tubío, Idoia Cuesta e Vicente Ledo, na Terra Chá, e na Mariña gozaron dunha conxunción de arte, natureza e artesanía da man de Daniel Caxigueiro, da carpintería de ribeira de Francisco Fra ou do complexo artesanal de Regal Cerámica.  

Nos obradoiros da cidade de Lugo, os asistentes puideron interactuar con materiais e ferramentas. E Riotorto foi a última parada para coñecer a destreza dos ferreiros. Por outra banda, 16 persoas participaron nos talleres de Experimenta Artesanía. 

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, destacou "a grande receptividade deste programa que emprega a artesanía como fío condutor e de unión co medio natural, a etnografía, as tradicións culturais e a historia dos lugares",

Pola súa banda, Guido Álvarez, que guiou os roteiros, conta como profesional do turismo da “formidable oportunidade de coñecer en profundidade un sector tan rico e interesante como é o da artesanía da provincia".