Gastronomía, Ano Santo e Ribeira Sacra, estrelas lucenses na estrea de Fitur 2020

Tomé e Pilar García Porto encabezan a delegación provincial, que este mércores asistiu á presentación na nova edición da guía ...E para comer Lugo
IMG_2745
photo_camera Comitiva lucense en la presentación de la campaña ... e para comer, Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a deputada de turismo, Pilar García Porto, participaron este mércores na Feira Internacional de Turismo (Fitur) na presentación da 13ª edición da guía turístico gastronómica ...E para comer Lugo, elaborada pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL). No acto, Tomé asegurou que é fundamental "o traballo en común” entre administracións e sector “para aproveitar todo o potencial turístico da nosa provincia e crear así riqueza e emprego”. "Só cunha mesma directriz, actuando con unidade de acción, poderemos potenciar unha industria tan competitiva”, subliñou o presidente.

Tomé destacou neste sentido a creación por parte da Deputación do Consello Provincial de Turismo, un órgano formando por diversos axentes implicados no sector, entre eles, a propia Asociación de Empresarios de Hostalería, no que se deciden e acordan accións en impulso da actividade turística.

XACOBEO E RIBEIRA SACRA. A participación no acto de presentación da nova guía ...E para Comer Lugo formou parte da intensa axenda que mantiveron este mércores en Fitur o presidente provincial e a deputada de turismo, que incluíu a asistencia á outras citas, como a presentación da Rede Galega de Reservas da Biosfera, da que forma parte a Deputación como xestora das reservas de Terras do Miño e Ancares; e a da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, cuxa campaña institucional e social impulsou no 2011.

Tomé e García Porto asistiron á presentación Camiño ao Xacobeo 2021, no marco da súa aposta para que a provincia teña "un papel central" de cara ao vindeiro Ano Santo e poida aproveitar "todo o potencial" que representa o turismo vinculado ás rutas xacobeas, con máis de 800 quilómetros ao longo de todo o territorio lucense.

Tamén estiveron tamén presentes na presentación da campaña de promoción turística en Fitur da Deputación da Coruña e na da Semana Verde, ademais de manter ao longo desta primeira xornada de Fitur diversos contactos con representantes de empresas e medios de comunicación vinculados coa actividade turística.

A institución provincial centra este ano a súa presencia en Fitur  no impulso do turismo a través das novas tecnoloxías. Este xoves, ás 11.30 horas, no stand de Galicia, Tomé resentará dúas novas aplicacións gratuítas para dispositivos móbiles –Inventrip e Lugo 360-, que buscan atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia de viaxe na provincia. O meteorólogo Martín Barreiro presentará o acto dentro da campaña Lugo, ¡ven!.

Comentarios