Lugo permanece en alerta por néboa e temperaturas mínimas

O municipio que rexistrou a temperatura máis baixa foi Navia de Suarna

Helada. XESÚS PONTE
photo_camera Helada. XESÚS PONTE

A provincia de Lugo permanece este mércores entre as quince provincias por alerta por néboa e temperaturas mínimas. O municipio no que se rexistrou unha temperatura máis baixa foi Navia de Suarna, con -3,3º. Foi seguido por Baleira con -3,3º.

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia na mañá deste mércores, con -8,3ºC. Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 10.00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os termómetros situáronse baixo cero noutras localidades ourensás tamén de altitude menor a 900 metros como Verín (-6ºC) e Xinzo de Limia (-5,9ºC), mentres que na provincia de Pontevedra as temperaturas caeron até os -4,6ºC en Lalín.

Na xornada de Ano Novo a temperatura mínima en Galicia correspondeu a Verín (Ourense), con -5,4ºC; seguido do municipio ourensán de Xinzo de Limia, con -4,3ºC; o coruñés de Ordes (-4ºC) e o lucense de Guitiriz (-3,6ºC).

Comentarios