Lugo pecha a semana con 29 casos nos centros educativos e unha aula pechada

Na comunidade educativa galega tamén baixa a incidencia do virus
Un bote de gel hidroalcohólico en un aula. EFE
photo_camera Un bote de xel nunha aula. EFE

Os casos activos en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia descenderon en cinco até situarse en 579, mentres que as aulas pechadas se reduciron en dúas, ata as 32. 

Segundo datos difundidos polas consellerías de Educación e Sanidade este sábado, as infeccións activas en centros educativos diminuíron nas áreas de Vigo, A Coruña e Santiago, mantivéronse sen cambios en Pontevedra e Lugo e aumentaron en Ourense e Ferrol. 
BALANCE LUGO

En concreto, a área de Vigo mantense á cabeza con 188 casos de coronavirus activos –cinco menos-- e 15 aulas pechadas –tres menos–. As escolas infantís viguesas Santa Isabel e Kid's Garden son as máis afectadas, con nove e seis contaxiados, respectivamente, e dúas clases inoperativas en cada unha. 

Séguelle a área da Coruña, onde caen a 154 os casos –dous menos– e permanecen pechadas cinco unidades, tres delas no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal de Oleiros por 27 positivos, que supoñen o maior número rexistrado nos centros de Galicia. As outras dúas aulas pechadas están na CEE Nosa Señora do Rosario, na Coruña, e no CEIP Vicente Otero Valcárcel, en Carral. 

Mentres, na área de Pontevedra as infeccións activas mantéñense sen cambios en 92 e hai tres aulas pechadas. Os centros máis afectados son o CEIP San Roque de Vilanova de Arousa, con oito casos –uno menos–, e o CEIP San Tomé e o IES Francisco Asorey de Cambados, con sete e seis, respectivamente. 

A área sanitaria de Santiago mantense como a única que conta cun centro clausurado ao completo, a escola infantil Santa Susana, que se pechou despois de confirmarse o positivo dunha traballadora de apoio. 

Ademais, na zona reducíronse a 76 as infeccións activas –unha menos– e hai cinco aulas inoperativas –unha menos–. O IES Nº1 de Ribeira é o máis afectado, con seis contaxios, seguido do CPR Plurilingüe Jaime Balmes de Noia e o IES do Milladoiro de Ames, con catro cada un. 

A área de Ourense rexistra 29 casos activos –un máis– e unha aula pechada no CPR Plurilingüe Luís Vives da capital provincial, que contabiliza tres positivos.

ÁREAS CON MENOS CASOS. Pola súa banda, as áreas de Lugo e Ferrol mantéñense como as que contan con menos infeccións activas. No primeiro caso, seguen 29 persoas contaxiadas e unha aula inoperativa no IES Val do Asma de Chantada, que conta con cinco infectados. 

Finalmente, Ferrol é a área con menos casos, 11 –un máis–, e dúas aulas pechadas, unha na escola infantil Virxe do Chamorro desta cidade e outra no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro da Capela. 

Comentarios