Lugo viviu o febreiro máis seco e coa máxima máis elevada deste século

A estación de Rozas rexistrou 24 graos o pasado día 26 ►Tamén foi o febreiro máis cálido en España desde 1965

Buen tiempo - Una persoa hace deporte en la playa Grande de Miño este lunes. CABALAR (EFE)
photo_camera Unha persoa fai deporte na praia Grande de Miño. CABALAR (EFE)

As provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra alcanzaron entre o 25 e o 26 de febreiro a temperatura máxima histórica desde que se teñen rexistros no segundo mes do ano, con valores que oscilaron entre os 23,5 e os 25,5 graos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía enmarcou estas elevadas temperaturas nun mes que, no seu conxunto, foi moi seco, cunha precipitación media en España que supón algo menos dun terzo do normal, converténdoo no febreiro máis seco do actual século XXI.

Na provincia de Lugo a estación de Rozas foi testemuña desta suba histórica, dado que rexistrou 24 graos o pasado día 26, lixeiramente por riba do anterior valor máximo neste mes, que foran os 23,8 graos de 1990.

En Galicia, A Coruña (en Alvedro) alcanzou os 24,3 graos o luns 26 de febreiro, cando o seu valor previo máximo até o momento era de 23,4 en febreiro de 1990. Do mesmo xeito, Ourense chegou aos 25,5 graos o día 25 –a máxima do mes foran 24,8 en 2000–.

Finalmente, tamén Pontevedra superou o valor histórico alcanzado en febreiro de 1997, chegando o pasado día 26 aos 23,5 graos.

O mes no seu conxunto non foi dos máis cálidos da historia, porque a temperatura media en España foi de 9,7 graos, 1,2 por encima da media, o que o sitúa como o undécimo con máis calor desde 1965 e o cuarto máis cálido deste século, pero si rexistrou valores de marca en distintos puntos da xeografía española.

Tres episodios cálidos ocorridos durante os días 6-9, 13-17 e 21-28 foron os responsables de que as temperaturas máximas rexistrasen valores moi superiores aos normais para a época do ano, en media 3 graos por encima do valor normal de febreiro.

Como resultado, batéronse até 18 marcas históricas ao longo do mes. En catorce estaciones principais, situadas todas na metade norte da península, a máxima diaria máis alta de febreiro superou o anterior valor máis alto, como é o caso das situadas en Galicia. Ademais, en catro estacións superouse o anterior valor máis alto do mes. 

Ademais, na área comprendida que abarca desde o oeste de Galicia até o norte de Navarra, así como o norte das illas de Tenerife e Gran Canaria, as precipitacións foron inferiores ao 75% dos valores normais.

Febreiro foi en conxunto un mes moi seco cunha precipitación media sobre España de 15 mm. (litros/m2), o que supón o 28% da media do mes que é de 53 mm. (período de referencia 1981-2010).

Con estes datos conclúese non só que este mes foi o febreiro máis seco no século XXI, senón que tamén se converteu no cuarto máis seco desde 1965, por detrás dos anos 1997, 2000 e 1990.

No ámbito máis local, a Aemet destacou tamén o carácter extremadamente seco do mes nunha área comprendida entre Segovia e Valladolid, así como nunha zona ao norte de Huesca.

FEBREIRO MOI ASOLLADO. A AEMET sinalou que en febreiro luciu o sol máis do habitual. En concreto, até un 44% máis da media no conxunto de España.

En Burgos tiveron un 88% máis de horas de sol do esperable nun mes de febreiro típico ou un 79% máis en Donostia /San Sebastián, ou un 78% máis no aeroporto de Asturias.

Comentarios