De Roberto Vilar a Lucía Pérez: así viviron eles o terremoto de 1997

O mago Rafa, Carmen Blanco, Lucía Pérez, Roberto Vilar, Abraham Cupeiro, Benedicta Sánchez, María Abel, Benedicta Sánchez e Paco Nieto contan a súa experiencia co tremor do 97.
Benedicta Sánchez, Lucía Pérez, Paco Nieto, María Abel, Carmen Blanco, el mago Rafa, Abraham Cupeiro e Roberto Vilar. AEP
photo_camera Benedicta Sánchez, Lucía Pérez, Paco Nieto, María Abel, Carmen Blanco, el mago Rafa, Abraham Cupeiro e Roberto Vilar. AEP

Así viviron o Mago Rafa, Carmen Blanco, Lucía Pérez, Roberto Vilar, María Abel, Abraham Cupeiro e Paco Nieto o tremor de 1997 no triángulo Triacastela-Sarria-Becerreá.

Mago Rafa: "Un vecino bajó a la calle en bata y con la cartilla del banco"


El Mago Rafa. VICTORIA RODRÍGUEZ
Mago Rafa, ilusionista. VICTORIA RODRÍGUEZ

En 1997, o mago Rafa tiña só 20 años. Vivía cos seus pais e, despois da sacudida, foi dos que saíu á rúa: "No tenía miedo a que la casa se me cayese encima ni nada parecido, pero estaba todo el mundo allí y bajas". Precisamente, o recordo que conserva con máis nitidez é o dun veciño que, en pixama e bata de casa, levaba ben agarrada a cartilla do banco. Cando as réplicas aínda non se calmaran "volví a casa y seguí durmiento tranquilamente", explica.

Carmen Blanco: "Cando vimos que non pasara nada, gozamos da vivencia"


Carmen Blanco, escritora. AEP
Carmen Blanco, escritora. AEP

"O tremor quedou na miña memoria, unido ao Congreso Ánxel Fole, que estabamos preparando en Lugo», conta a escritora. Esa madrugada, ela estaba na casa co seu home, Claudio Rodríguez Fer, e a súa filla, e reaccionaron con tranquilidade: "Dubidamos, pero finalmente saímos á rúa e, cando vimos que non pasara nada grave, gozamos da vivencia. O primeiro é protexer a vida, pero se toca morrer que sexa pasándoo ben".

Lucía Pérez: "A terra da horta movíase en ondas como as do mar"


Lucía Pérez. AEP
Lucía Pérez, cantante. AEP

Con 12 anos, a cantante era aínda unha nena, pero é capaz de lembrar perfectamente o tremor de terra: "Estaba no Incio, na casa, cos meus pais, os meus avós e o meu irmán, e saímos todos á horta. A terra movíase e debuxaba unhas ondas como as do mar". A lúa tamén alumeaba dun xeito especial, conta: "Como un sinal de que as cousas non estaban en orde". Ao entrar atopáronse con que algunhas paredes tiñan escachado.

Roberto Vilar: "O tremor pilloume no bingo con José María Caneda"


Roberto Vilar. TWITTER
Roberto Vilar, presentador. TWITTER

O xovense daba no 97 os seus primeiros pasos na televisión, pero facíao do outro lado, como cámara. Esa noite saíu de troula por Santiago cos amigos e todos acabaron no bingo, onde se atopou con José María Caneda, presidente da SD Compostela. Lembra que "alí notouse o tremor, pero eramos novos e non tiñamos medo, así que seguimos de copas. Xa levabamos nós as nosas propias réplicas e non nos enteramos de máis".

Abraham Cupeiro: "A miña avoa enfadouse porque a espertamos"


Abraham Cupeiro tocando la flauta de hueso. PEPE TEJERO
Abraham Cupeiro, musicólogo. AEP

Abraham Cupeiro durmía tranquilo na súa casa da rúa Maior de Sarria, no epicentro do sismo. Este abaneou con forza o inmoble, unha construción tradicional de pedra e madeira que "tremía como se fora engalar". Toda a familia saíu ao exterior menos a avoa do compositor, entregada ao sono, así que este e o seu irmán venceron o medo e volveron por ela, "que se enfadou con nós por espertala", lembra hoxe con humor.

María Abel: "Durante unos segundos creí que estaba soñando"


María Abel, exatleta. AEP
María Abel, exatleta. AEP

O sismo colleuna de casualidade en Lugo: "Vivía en Madrid, pero aquel día estaba en casa de mis padres y, no sé por qué, ocupaba la habitación de mi hermano. Así que cuando todo se empezó a mover, buscaba el interruptor y no lo encontraba, nada me cuadraba y durante unos segundos creí que soñaba". Todos se ergueron e logo volveron á cama, dende onde María oía como tremían os seus trofeos, no alto do armario, en cada réplica.

Benedicta Sánchez: "Hoxe penso que me ten gustado vivir esa experiencia"


Benedicta Sánchez, protagonista do vídeo da campaña Galicia Volve
Benedicta Sánchez, actriz.

A gañadora dun Goya á actriz revelación por O que arde residía por aquel entón en Valencia, pero ese día atopábase na súa casa do Corgo para coidar da súa nai, que estaba mala. Lembra que "escoitei un ruído moi forte, como se viñesen tres ou catro tractores, as paredes bailaban e eu corrín para fóra. O meu irmán e a miña nai, que durmían, tamén saíron". Como non houbo danos, matiza, "penso que me ten gustado vivir esa experiencia".

Paco Nieto: "Aún me sigo sobresaltando con los ruidos fuertes"


Paco Nieto, no seu arquivo sonoro da súa casa de Lugo. XESÚS PONTEJPG
Paco Nieto, comunicador. XESÚS PONTE

O comunicador de Radio Lugo –actualmente xa está xubilado– durmía e espertou co movemento da terra: "Enseguida me di cuenta de lo que era y sentí verdadero pánico". Pasaron 25 anos, pero Paco Nieto aínda revive hoxe esa "sensación de impotencia, de contener la respiración pendiente de si se te cae o no el mundo encima. A mí ese temor me duró mucho tiempo y todavía hoy me sobresalto ante los ruidos fuertes".

Comentarios