domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Interceptado en Sarria un conductor que eludiu o confinamento triplicando a taxa de alcol

Control en la rotonda de Nadela. GUARDIA CIVIL DE TRÁFICO
Control en la rotonda de Nadela. GUARDIA CIVIL DE TRÁFICO
En Lugo tamén foi interceptado un home que circulaba sen o persmiso de conducir vixente

A Garda Civil interceptou a unha persoa que conducía baixo os efectos do alcol e incumpría o confinamento nun punto de verificación de persoas e vehículos en Sarria, concretamente á altura do quilómetro 47,700, da estrada LU-633 (Piedrafita do Cebreiro - Palas de Rei).

Os feitos remóntanse ao pasado día 6, cando ás 23,00 horas interceptaron a unha persoa e lle realizaron a proba de alcol e drogas. O condutor deu un resultado positivo cunha taxa de 0,83 mg/l, máis do triplo do permitido. Por este motivo, foi denunciado penalmente e trasladáronse as dilixencias abertas ao Xulgado de Instrución de Sarria.

Ademais, os axentes descubriron que esta persoa estaba a incumprir as condicións de confinamento, xa que a viaxe realizada non estaba xustificada. Así, denunciárono por desobedecer as normas do estado de alarma e o xulgado decidirá se tamén é sancionado administrativamente.

A Garda Civil de Lugo tamén interceptou noutro control a un home de 54 anos que conducía sen ter vixente o carné de circulación, xa que un xulgado retiroullo até novembro de 2021.

A este home parárono porque "circulaba a unha velocidade inadecuada ás circunstancias da vía" e após descubrir que non posúe permiso de condución, acusárono dun delito contra a seguridade viaria.

Estes delitos súmanse a outros detectados por este corpo de seguridade neste tipo de controis en Lugo, aínda que a Garda Civil manifestou que se observou un "alto grao de cumprimento tanto da normativa relacionada co estado de alarma, como da lexislación vixente en materia de seguridade viaria". 

Interceptado en Sarria un conductor que eludiu o confinamento...
Comentarios