sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

O Goberno dará 150.000 euros aos concellos de Lugo para a loita contra o maltrato

Escaparate dun comercio de Viveiro que se sumou á campaña contra a violencia machista o pasado novembro. JOSÉ M. ÁLVEZ
Escaparate dun comercio de Viveiro que se sumou á campaña contra a violencia machista o pasado novembro. JOSÉ M. ÁLVEZ
Cada concello recibirá unha contía fixa de 689 euros e outra variable en función da poboación

O Goberno outorgará 152.225 euros aos concellos da provincia de Lugo para a loita contra a violencia de xénero. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que, para que os concellos poidan facer unha mellor xestión coas súas políticas en violencia de xénero, cada municipio lucense recibirá unha contía fixa de 689 euros e outra variable, resultado de multiplicar 0,18 por habitante.

Neste caso, os concellos máis beneficiados son os de Vilalba, con 18.628 euros; Lugo, con 18.328; Ribadeo, con 17.838; e Burela, con 17.759, todos incorporados ao Sistema Viogen. Dentro das actuacións previstas, destacan a reactivación das mesas locais de coordinación institucional e a participación da Policía Local en colaboración coas forzas e corpos de seguridade do Estado na protección de vítimas.

Ademais, a socialista fixo fincapé na importancia de que os concellos recuperen as competencias en materia de igualdade e de violencia de xénero tras a reforma da lexislación aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez. Neste senso, recordou que, para o Executivo, esta loita é unha "prioridade absoluta".

O Goberno dará 150.000 euros aos concellos de Lugo para a loita...
Comentarios