O GDR01 Terras de Miranda desenvolveu 25 proxectos co programa Leader 2017-2020

PARTICIPACIÓN. As iniciativas dinamizadoras elixidas supuxeron un investimento de 5,6 millóns de euros, e o total de axudas ascende a 2,1 millóns

O PROGRAMA Leader 2014- 2020 xestionado polo GDR Terras de Miranda durante o período 2017-2020 recibiu un total de 137 proxectos, dos que se subvencionaron 25 que supuxeron no seu conxunto un investimento total no territorio de 5.674.921,15 euros, e un total de axudas de 2.126.820,08 euros. Así mesmo, un total de 11 proxectos produtivos de creación e ampliación de empresas que supoñen un investimento de 4.730.343,49 euros contaron con axudas por importe de 1.465.268,43 euros, e cinco non produtivos de entidades privadas sen ánimo de lucro —cun investimento de 305.132,94 euros— conseguiron en axudas un total de 183.703,53 euros, mentres que outros nove non produtivos de entidades públicas tiveron un investimento de 639.444,72 euros e axudas por 477.848,12 euros.

Miranda1

Paralelamente creáronse 20,25 Unidades de Traballo (UTA’s) e consolidáronse outras 17,87. Das que se crearon corresponden ao colectivo de mulleres un total de 14,25, e ao colectivo da mocidade 12. O GDR investiu en proxectos de animación e desenvolvemento do territorio un total de 272.966,65 euros. Unha parte dese investimento destinouse a xerar sinerxias entre o sector turístico e o resto de sectores económicos do territorio.

O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executan baixo a súa propia metodoloxía, impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de maneira que o territorio deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Miranda2

O elemento esencial da metodoloxía Leader é que se trata de «procesos de abaixo a arriba». A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas de actuación que se propoñen, proxectos que se financian, etc., tómanse nese mesmo ámbito de axentes públicos e privados, cos chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

Implica un plantexamento multisectorial e incorpora a innovación como elemento relevante, non só no ámbito tecnolóxico, senón tamén como novas formas de afrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, participación e implicación da poboación, etc... Outro elemento definitorio da metodoloxía Leader é o traballo en rede e a cooperación entre territorios, xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.

Miranda5boa

O papel dos GDR’s pola súa proximidade e cercanía é o de impulsar os procesos de cambio desde o territorio, facer partícipe á poboación no proceso de cambio e desenvolvemento do mesmo e facer de nexo de unión entre os axentes públicos e privados.

Miranda10

Comentarios