Foz, Chantada e Vilalba albergarán proxeccións de varias finalistas dos Mestre Mateo

A iniciativa está impulsada pola Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual
Presentación nos xardíns do Pazo de San Marcos do ciclo de proxeccións. EP
photo_camera Presentación nos xardíns do Pazo de San Marcos do ciclo de proxeccións. EP

Foz, Vilalba e Chantada contarán coa proxección de varias películas finalistas dos XIX Mestre Mateo grazas a unha iniciativa posta en marcha pola Vicepresidencia da Deputación e a Academia Galega do Audiovisual. Os veciños das tres localidades lucenses poderán ver A Illa das mentiras, Arima, Lúa Vermella e Ons, candidatas na categoría de Mellor longametraxe

Os primeiros pases celebraranse na casa da cultura de Foz entre o 6 e o 9 de abril —O día 6 proxectarase Lúa vermella; o 7, Arima; o 8 A illa das mentiras e o 9, Ons—. As datas das proxeccións en Vilalba e Chantada, programadas para maio, anunciaranse nos vindeiros días. 

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e responsable de cultura, e Pepe Coira, vicepresidente da academia, presentaron o ciclo de proxeccións acompañados por Marisa Barreira, presidenta do Iescha, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación.

"A iniciativa concorda co obxectivo dos Mestre Mateo que pretenden ser un escaparate para o conxunto do audiovisual galego. Este ciclo permítenos dar a coñecer e poñer en valor o que se está a facer, especialmente nun ano coma este no que a pandemia condicionou a actividade nas salas comerciais", explicou Jorge Coira. 

"É a primeira vez que desde a institución provincial se aposta por unha iniciativa coma esta, que contribuirá á difusión e ao recoñecemento do cine feito no país", asegurou Maite Ferreiro.

Comentarios