NECROLOXÍA

Lembranza da familia de José Ferreiro Pérez no seu cabodano

Ó noso pai, José Ferreiro Pérez Ó noso pai, José Ferreiro Pérez 
Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio. PIXABAY

Querido Papá: 

O frío outono acércanos ó día que marchaches sen querer,/a caída das follas anuncian o aniversario do triste día,/a soidade baixo da avellaneira é testemuña da túa falta,/as largas e negras noites, sinais do teu partir sen retorno. 

Si, Papá,/xa pasou un ano dende que romperon todas as cordas ás que nos agarrabamos cada intre,/un ano dende que todos os cabos que suxeitaban a forte fraxilidade se soltaron sen poder amarralos,/un ano dende que as esperanzas mudaron, por moito que intentamos que non o fixesen,/un ano moi triste, un ano moi amargo e no que en cada acción, pensamento ou decisión sempre estabas ti, Sempre Ti. 

Un ano moi difícil, Papá./Un ano no que nos costou aceptar que o tránsito do día a día siga sen cesar,/ un ano no que nos costa entender o camiñar sen descanso, sen tregua, pero non o podemos deter,/un ano no que se acrecentou en nós unha gran forza nostálxica para facer fronte á túa ausencia. 

Parécenos imposible que marcharas, Papá, xa que/seguimos sentindo a túa protección,/seguimos sentindo o teu aprobamento sen reproches,/seguimos sentindo o teu contento e ilusión,/seguimos sentindo a túa paz, o teu acompañamento e guía permanente. 

Gracias, Papá, por seguir abrazándonos cada día. 

Sempre con nós. 

As túas pequenas, Iria e María José.