sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O PP denuncia ante a Valedora que Tomé non deixou entrar a dous deputados nas instalacións de Santa María

Javier Castiñeira. ARCHIVO
Javier Castiñeira. ARCHIVO
Consideran que se trata dunha "vulneración" dos seus dereitos

O Partido Popular de Lugo denunciou ante a Valedora do Pobo a "vulneración" dos dereitos de dous deputados aos que o goberno provincial de Lugo "non permitiu" o acceso ás instalacións do antigo fogar de Santa María. 

Nun comunicado remitido aos medios, os populares lucenses sinalan que, por segunda vez neste mandato, buscan o amparo da Valedora do Pobo por considerar que se vulneran "de forma grave" os seus dereitos e, en consecuencia, que a oposición poida levar a cabo o seu traballo de fiscalización. 

Tras presentar unha queixa na sede da defensoría galega en Santiago, o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, mostrouse convencido de que esta denuncia adiante tras a negativa do goberno provincial a deixarlles entrar nestas instalacións recentemente inauguradas e onde se atopan servizos como os de Recadación. 

"Esta negativa do goberno provincial é un atentado contra os dereitos dos deputados e contra os dos traballadores, porque esa negativa afectou a un traballador da deputación", manifestou para censurar que o goberno provincial trate de "silenciar ao PP". 

Por último, Castiñeira avisa de que o PP non permitirá ao socialista José Tomé "esta lamentable actitude ditatorial, especialmente cando se coartan dereitos". "Por tanto, vémonos obrigados a presentar unha queixa máis ante a Valedora do Pobo", sinala. 

O PP denuncia ante a Valedora que Tomé non deixou entrar a dous...
Comentarios