lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Operarios e equipos despexan neve e xeo nunha vintena de estradas da provincia

Unha máquina quitaneves. DEPUTACIÓN DE LUGO
Unha máquina quitaneves. DEPUTACIÓN DE LUGO
O dispositivo despregado, composto por máquinas quintaneves e vehículos todoterreo, traballa este martes dende primeira hora ante as novas nevaradas

A Deputación de Lugo mantén despregado dende primeira hora deste martes un dispositivo composto por 24 operarios e 12 equipos, que inclúen máquinas quitaneves e vehículos todoterreo, para garantir a seguridade viaria e atender as incidencias provocadas polas nevaradas desta noite.

O dispositivo traballa en despexar de neve e retirar as árbores caídas en máis dunha vintena de estradas que discorren, sobre todo, pola Montaña lucense (Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada e Navia de Suarna, principalmente) e tamén da zona sur da provincia, con incidencia importante nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio. 

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un, o que fai un total de 420 toneladas, para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías. 

Operarios e equipos despexan neve e xeo nunha vintena de estradas...
Comentarios