viernes. 05.03.2021 |
El tiempo
viernes. 05.03.2021
El tiempo

Ferreiro repasa as 280 actividades culturais que organizou a Deputación en 2020

Maite Ferreiro. EP
Maite Ferreiro. EP
"Demos continuidade a todas as programacións e puxemos en marcha outras", indicou a vicepresidenta

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fixo un repaso ás actividades culturais celebradas nun ano como o 2020, marcado pola emerxencia sanitaria. En total, foron 280 eventos entre os que se atoparon concertos, representacións teatrais, proxeccións audiovisuais ou espectáculos de diversa índole. 

"Demos continuidade a todas as programacións que se viñan desenvolvendo na área de Cultura e puxemos en marcha outras coas que tratamos de dar osíxeno a un sector profesional moi prexudicado pola pandemia", explicou a vicepresidenta Maite Ferreiro

Ferreiro lembrou que a Deputación non cancelou actos, "como os reclamaban desde a cultura", e optaron por flexibilizar os formatos "para manter a actividade en condicións de seguridade".

A vicepresidenta puxo tamén en valor a aposta pola difusión da creación audivisual, literaria ou plástica, como aconteceu coa proxección dos filmes María Solinha ou Nación. 

Ferreiro repasa as 280 actividades culturais que organizou a...
Comentarios