sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

A Deputación reparte as 59.000 máscaras entregadas polo Goberno central

Entrega das máscaras por parte da Deputación
Entrega das máscaras por parte da Deputación
O material de protección será destinado de xeito prioritario para os traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e educativos

A Deputación de Lugo iniciou este xoves o reparto das 59.000 máscaras que lle entregou o mércores o Goberno central para a súa distribución entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

O material será destinado de xeito prioritario a traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e educativos, e a distribución por concellos determinouse de maneira proporcional ao seu número de habitantes, co mesmo criterio que se leva a cabo cos pedidos que realiza a Deputación. 

Este novo reparto enmárcase no acordo de distribución de material sanitario adoptado polos ministerios de Política Territorial e de Sanidade coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

As tarefas de reparto desenvolveunas o persoal do Parque Móbil da Deputación con once vehículos, unha labor coordinada de tal forma que cobre todos os concellos nun día.  “Seguen un protocolo seguro e eficiente que xa utilizamos en máis ocasións durante a pandemia e desta maneira garantimos que cheguen o máis pronto posible, porque canto antes cheguen, antes se poden organizar os concellos para distribuír todo o material de protección”, subliñou o presidente do ente provincial, José Tomé Roca. 

"Desde a Deputación imos a seguir colaborando coa máxima lealdade institucional cos concellos e con outras administracións, neste caso co Goberno central, para que os veciños e veciñas da provincia de Lugo estean o máis protexidos posible, e para lograr este obxectivo, en función de como evolucione a pandemia, dende a Deputación estaremos atentos a outras posibles colaboracións”, asegurou Tomé.

A Deputación reparte as 59.000 máscaras entregadas polo Goberno...
Comentarios