sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Deputación de Lugo pecha o ano cun pleno bronco pola liquidación de Suplusa

Los trajabadores de Suplusa en el pleno. EP
Los trajabadores de Suplusa en el pleno. EP
O goberno provincial rexeitou a proposta do PP para suspender o traslado a Tragsa dos traballadores, que mantiveron unha protesta en San Marcos e foron expulsados do pleno

O goberno provincial rexeitou este martes, nun pleno bronco co que se pechou o ano en San Marcos, a proposta do grupo provincial popular para deixar en suspenso a decisión de trasladar aos traballadores de Suplusa, sociedade pública dependente da Deputación en proceso de liquidación, a Tragsa.

Os traballadores seguiron o pleno desde unha das tribunas do salón de sesións e foron expulsados polo presidente provincial, o socialista José Tomé, cando protestaron pola decisión de incorporalos a Tragsa.

A proposta popular foi defendida por José Antonio García, quen se mostrou moi crítico co modo de actuar do goberno provincial neste asunto: "O que fixo neste Nadal foi enganarnos a todos, aos traballadores os primeiros. A iso se dedicaron vostedes, porque o que fixeron foi un atropelo incumprindo todo o que dixeron". O pouplar engadiu: "Dá moita tristura escoitar que cando goberna a esquerda goberna pensando nas persoas; e eu digo que será nas súas propias persoas, porque non pensaron moito nos 20 traballadores que levan vinte anos en Suplusa; moita pena non lles deben dar".

RESPOSTA DE TOMÉ. Precisamente, o presidente provincial acusou ao PP de "manipular" aos empregados da sociedad con "informacións incorrectas". Así, Tomé indicou que os 20 traballadores encargados do mantemento das zonas verdes de Suplusa teñen "a certeza de que manterán os seus postos de traballo e as mesmas condicións laborais e salariais grazas á decisión do Goberno de encargar este servizo á empresa pública Tragsa coa subrogación dos empregados".

O presidente da Deputación explicou que "había catro posibilidades, logo do acordo de disolución de Suplusa, para o servizo de mantemento das zonas verdes: acabar con el, pero nós non queríamos perder os postos de traballo; privatizar, pero nós somos defensores dos servizos públicos; incorporalos á Deputación, pero antes terían que superar unhas probas de acceso sen a seguridade de superalas; e a mellor opción, que é a que acordamos, a única que era capaz de garantir todos os postos de traballo e as condicións laborais dos empregados, que é encargarlle o servizo a Tragsa”.

Tamén recalcou que a compra dunha acción por parte do ente provincial do GrupoTragsa, formado por Tragsa e Tragsatec, e pola cal a empresa pública pasa a ser un medio propio instrumental da Deputación de Lugo representará un “beneficio enorme para a provincia e os Concellos”.

Tomé explicou que o encargo a Tragsa para o mantemento das zonas verdes provinciais e inicialmente de seis meses porque non se podía acordar máis con cargo aos orzamentos do 2019 e a prioridade era garantir o pago dos salarios de todos os traballadores co comezo do novo ano. O encargo ampliarase cando entren en vigor os presupostos do 2020. 

A Deputación de Lugo pecha o ano cun pleno bronco pola liquidación...
Comentarios